Ceroxylon quindiuense
Ceroxylon quindiuense | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Palmeiras de cera en Quindío, Colombia. | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Ceroxylon quindiuense H.Wendl. ex H.Karst. | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A palma de cera de Quindío (Ceroxylon quindiuense) é unha palmeira nativa dos vales altos andinos do Parque Nacional Natural Los Nevados, presente no val de Cocora do departamento do Quindío no eixo cafetero, Colombia.
Descrición
editarEn boas condicións, medra 60 metros, e mesmo até máis. É a máis grande monocotiledónea do mundo. As súas follas son verde escuras e agrisada, con pecíolos de máis de 2 m de lonxitude. O tronco é cilíndrico, liso e cuberto de cera. Cando as follas morren e caen, deixa un anel negro arredor do tronco. É unha especie protexida. Ceroxylon quindiuense ten un crecemento extremadamente alto, e vive máis de cen anos. Foi estudado por Alexander von Humboldt en 1801.[3]
Ecoloxía
editarEsta planta constitúe un hábitat para moitas formas de vida, frecuentemente especies en risco de extinción como o Ognorhynchus icterotis'. Medra en grupos sobre as estribacións occidentais dos Andes, entre 2.500 a 2.800 msnm, con temperaturas oscilando entre 12 e 19 °C, e choivas media de 1800 mm/ano, en chans areosos de alta acidez.
Notas
editar- ↑ "Ceroxylon quindiuense". www.iucnredlist.org.
- ↑ "The Plant List: A Working List of All Plant Species". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2021. Consultado o 03 de outubro de 2018.
- ↑ Díaz Piedrahita, Santiago. "El trayecto colombiano de Humboldt". Revista Credencial Historia. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2011. Consultado o 03 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceroxylon quindiuense |
Bibliografía
editar- Henderson, A., G. A. Galeano & R. Bernal. 1995. Field Guide Palms Amer. 1–352. Princeton University Press, Princeton, New Jersey.
- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidade de Antioquia, Medellín.