Ognorhynchus icterotis

Ognorhynchus icterotis

Exemplar en Colombia
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Psittacoidea
Familia: Psittacidae
Subfamilia: Arinae
Tribo: Arini
Xénero: Ognorhynchus
Bonaparte, 1857
Especie: O. icterotis
Nome binomial
'Ognorhynchus icterotis'
(Massena & Souancé, 1854)

O Ognorhynchus icterotis é unha ave pertencente á familia dos Psitácidos.

Distribución e protección editar

A mediados dos anos 90 do século XX só se coñecían 20 exemplares da especie no Ecuador[2]. No 1998, esta poboación desapareceu e dábase a especie por extinta. Mais había rumores de que sobrevivía unha poboación nos Andes colombianos[2]. Polo que lanzouse o proxecto Ognorhynchus pola Fundación ProAves, a Fundación Loro parque, a American Bird Conservancy e a Zoologische Gesellschaft für Arten und Population sschutz, para a recuperación da especie[2]. No 1991 atopáronse 81 exemplares nos Andes Centrais de Colombia, departamento de Tolima. E en xaneiro de 2001, descubriuse unha segunda poboación de 63 exemplares nos Andes Occidentais, departamento de Antioquía[2]. No 2015 estas poboacións aumentaron os seus efectivos, ata 4251 exemplares en Antioquía e de 949 en Tolima. Debido a isto en 2010, a UICN reduciu a categoría de ameaza de En perigo crítico a En perigo[2]. Esta especie é extremadamente dependente da palma ceroxylon quindiuense, especie tamén ameazada[2]. Por esta razón, era preocupante que as forestas desta especie eran cada vez máis pequenas e estaban máis fragmentadas. Para recuperar a especie leváronse a cabo reforestacións masivas, declaráronse varias reservas naturais e eliminouse o acceso do gando as forestas con exemplares de palma máis xuvenís. Ademais, no ámbito do Parque Nacional Lar Hermosas, tamén se levaron diversas accións para a protección da especie[2].

Notas editar

  1. "Ognorhynchus icterotis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Waugh D. (Xuño 2016). "Aratinga orejigualda, el loro que pudo esquivar la extinción". Quercus (364). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar