Cerebro humano

Cerebro humano
FMRI Brain Scan.jpg
Latín Cerebrum
Sistema Sistema nervioso
Arteria Cerebral anterior
Comunicante anterior
Cerebral media
Precursor Telencéfalo e Diencéfalo

O cerebro humano é o órgano máis grande do encéfalo. Ocupa o sector anterior e superior da cavidade cranial. O seu compoñente principal son os hemisferios e o córtex cerebral que cobre a súa superficie, derivados do prosencéfalo.[1]

Artigos principais: Cerebro e Encéfalo.

Estrutura e funciónsEditar

Os hemisferios do cerebro humano presentan formacións máis ou menos evidentes chamadas lobo ou lóbulo cerebral. Especialmente grandes son os lóbulos frontais do ser humano, que están asociados con funcións executivas, como o autocontrol, a planificación, o razoamento e o pensamento abstracto.

O cerebro humano é o encargado de regular e manter cada función vital do corpo, ademais de ser o órgano onde reside a mente e a conciencia do individuo.

A evolución do cerebro, a través dos primates aos homínidos, caracterízase por un aumento constante da encefalización, que é a relación entre o tamaño do cerebro e o corpo. [nota 1] [nota 2]

 
Imaxe PET do cerebro humano que mostra o consumo de enerxía

O humano adulto ten un volume cerebral, calculado de media, de 1300 centímetros cúbicos (cm³) .Estímase en 2016 que o cerebro humano, formado polos dous hemisferios cubertos polo córtex cerebral, contén un total duns 20 000 000 000 (vinte mil millóns; dous × 10) de neuronas.[2] [3]O máis relevante para a transformación do funcionamento do cerebro non parece ser o número de neuronas, senón a complexidade que ven dada polas conexións que se establecen entre as distintas partes do cerebro.[4] Incluso o cerebro adulto é notablemente dinámico, plástico e reconfigurable, un feito que está apoiado por unha abafadora cantidade de evidencias científicas.[5] [6]

O cerebro humano está protexido polos ósos do cranio, suspendido no líquido cefalorraquídeo e illado do sangue pola barreira hematoencefálica, pero a súa delicada natureza faino susceptible a moitos tipos de danos e enfermidades. As formas máis comúns de dano físico son o trauma cranial, accidente vascular cerebral ou intoxicación. O cerebro humano tamén é susceptible a enfermidades dexenerativas, como a epilepsia, a enfermidade de Parkinson, a esclerose múltiple e a enfermidade de Alzheimer. Varios trastornos psiquiátricos, como a esquizofrenia, a neurose ou a depresión, son causados en parte por unha disfunción cerebral.

NotasEditar

  1. Latarjet M.; Ruiz Liard A. (2004). "Encéfalo, Generalidades y definición". Anatomía Humana 1 (4a. ed.). pp. 168–169. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  2. Herculano-Houzel, Suzana (2009). "The human brain in numbers: a linearly scaled-up primate brain" (en inglés) 3 (31). Consultado o 8 de decembro de 2018. Cantas neuronas ten o cerebro humano e como se compara con outras especies? Moitos artigos orixinais, recensións e libros de texto afirman que temos 100 mil millóns de neuronas e 10 veces máis células gliais... moitas veces sen referencias citadas. Isto foi conseguido por Azevedo et al. (2009), que descubriron que o cerebro humano masculino adulto, cunha media de 1,5 kg, ten 86.000 millóns de neuronas e 85.000 millóns de células non neuronais. 
  3. von Bartheld CS.; Bahney J.; Herculano-Houzel S. (2016). "The search for true numbers of neurons and glial cells in the human brain: A review of 150 years of cell counting" (en inglés) 524 (18): 3865–3895. PMC 5063692. PMID 27187682. doi:10.1002/cne.24040. Consultado o 23 de maio de 2022. As can be seen in Table 1, the estimates ranged from 1.2–32 billion neurons for the entire cortex (right and left hemispheres combined), with a majority of studies reporting between 10 and 20 billion neurons. 
  4. Jean-Pierre Changeux (2016). "El cerebro y la complejidad" (en castelán) 5 (10). Universidad de Medellín: 320. ISSN 2256-5000. doi:10.22395/csye.v5n10a10. 
  5. Dayan E; Cohen LG. (2011). "Neuroplasticity subserving motor skill learning. Neuron." (en inglés) 72: 443–454. PMID 22078504. doi:10.1016/j.neuron.2011.10.008. 
  6. Vukovic N.; Hansen B.; Lund TE.; Jespersen S.; Shtyrov Y. (2021). "Rapid microstructural plasticity in the cortical semantic network following a short language learning session." 19 (6): e3001290. doi:10.1371/journal.pbio.3001290. Consultado o 14 de xuño de 2021. 

Notas 2Editar

  1. Os primeiros Homo sapiens tiñan encéfalos tan grandes coma os nosos nosos: 1330 gr en promedio.
  2. É preciso advertir que un maior tamaño cerebral non implica necesariamente capacidades máis desenvolvidas.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar

----

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.