Centrocercus

xénero de aves

Centrocercus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.[1]

Comprede dúas especies que habitan zonas abertas de América do Norte.

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

O xénero foi descrito en 1832 polo naturalista inglés William John Swainson,[1] en FaunaBor.-Am. 2: 358-496.[2]

Especies e subespeciesEditar

Actualmente recoñécense no xénero dúas especies,[1] coas subespecies que se indican:

  • Xénero Centrocercus Swainson, 1832

Nota taxonómicaEditar

O xénero tipo é Centrocercus urophasianus, que foi descrito en 1827 por Bonaparte en Zool .J. 3: 213, baixo o nome de Tetrao urophasianus Bonaparte,[4] sendo máis tarde reclasificado no xénero Centrocercus.

 
Dispersión de C. minimus.

Hábitat e distribuciónEditar

Viven en pradarías en zonas abertas de América do Norte. A especie Centrocercus urophasianus ocupa unha ampla área no norte, centro e oesta dos Estados Unidos, así como nas provincias canadenses de Alberta e Saskatchewan.[5]

Pola contra, a área de dispersión de Centrocercus minimus está restrinxida a unhas pequenas zonas do oeste de Colorado e do sueste de Utah.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Centrocercus Swainson, 1832 no ITIS.
  2. Centrocercus Swainson 1832 en Zoonomen.net
  3. 3,0 3,1 Young, J. R.; C. E. Braun; S. J. Oyler-McCance; J. W. Hupp & T. W. Quinn (2000): "A new species of sage-grouse (Phasianidae: Centrocercus) from southwestern Colorado". Wilson Bulletin 112 (4): 445–453.
  4. Centrocercus urophasianus (Bonaparte) 1827 en Zoonomen.net
  5. Greater Sage-Grouse urophasianus subspecies Arquivado 24 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Species at Risk Public Registry. Gubernment of Canada/Gouvernement de Canada.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar