Celso Collazo Álvarez
político galego
Celso Collazo Álvarez, nado en Crecente e finado en Ponteareas o 22 de setembro de 1936, foi un político galego.
Celso Collazo Álvarez | |
---|---|
Lugar de nacemento | Crecente |
Falecemento | 22 de setembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Ponteareas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Celso Collazo Lema |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Eugenio Collazo Iglesias. Funcionario municipal, obtivo a praza de Oficial primeiro do Concello de Mondariz en 1926.[1] Militante do Partido Galeguista, foi colaborador de Castelao. Foi correspondente de Faro de Vigo en Mondariz e colaborou en El Tea. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado o 22 de setembro e o seu cadáver apareceu en Santa Mariña-O Covelo.
Vida persoalEditar
Casou con Encarnación Lema e foi pai de Celso Collazo Lema.
NotasEditar
- ↑ El Correo de Galicia, 8-8-1926, p. 12.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Celso Collazo Álvarez na páxina web Nomes e Voces.