Catuxa Salom

Cantante e actriz galega

Catalina Salom Nunia, máis coñecida como Catuxa Salom, nada en Vilagarcía de Arousa en 1989, é unha cantante, compositora, actriz e socióloga galega.

Infotaula de personaCatuxa Salom

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz , socioloxía Editar o valor em Wikidata

Facebook: https://www.instagram.com/catuxasalom/ Instagram: catuxasalom Spotify: https://open.spotify.com/artist/7pNENbSuiojM2b6ae53ecA Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ten raíces familiares arxentinas. Estudou Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid e teatro na escola de interpretación Juan Carlos Corazza. Despois de vivir uns 10 anos alí veu para unha aldea luguesa da Pontenova onde se inspirou e compuxo música.[1]

Medrou co folclore arxentino de Los Nocheros, Mercedes Sosa, Violeta Parra. Despois investigou sobre o blues, o funk, a música negra... Aos 21 anos formou en Madrid con outra moza a banda de «country ibérico».[2]

Coa música en galego de fusión das súas raíces nativo-arxentinas participou na terceira edición de “Imos ter máis que palabras” en Ourense no 2022.[3] Ademais sente unha profunda atracción polo folclore portugués, que influíu moito no seu son.[4] Define a súa música como unha fusión de ritmos tribais latinoamericanos con música en galego, nun envoltorio electrónico.[5] Confesa beber de fontes como Bomba Estéreo, Fuel Fandango, Nicola Cruz ou, de Galicia, Baiuca.

Actúa en solitario coa súa LoopStation, coa súa LiveBand (Yudit Almeida ao Contrabaixo e Lucía Cortiñas á percusión).[6]

Publicou o seu primeiro sinxelo, Mulleres piratas, en 2022,[7] e tamén Ten Ten pé e Cando eu morra.

Nunha aldea foi o seu primeiro disco, que presentou no Luar.[8] Tamén lles canta ás "mulleres pirata", as mariscadoras.

Discos editar

  • Nunha aldea (2022)

Notas editar

  1. Crespo, Carlos (2022-12-09). "Catuxa Salom, a revelación folktrónica do ano: «Na pandemia pensei en deixar a música»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-10. 
  2. "Catuxa Salom: “Este proyecto es una fusión entre los ritmos latinoamericanos, el folclore gallego y la electrónica” NR Periodismo alternativo" (en castelán). 2023-04-11. Consultado o 2023-06-10. 
  3. Región, La (2022-09-06). "Catuxa Salom: “A miña misión é que conectes, que bailes e que goces o ritmo dos tambores”". La Región. Consultado o 2023-06-10. 
  4. TomaLaAlternativa (2022-06-23). "Catuxa Salom nos regala una propuesta de electrofolk rural -". Toma La Alternativa (en castelán). Consultado o 2023-06-10. 
  5. "Catuxa Salom - Descúbreas" (en castelán). 2021-05-19. Consultado o 2023-06-10. 
  6. "Catuxa Salom". Maré Festival. Consultado o 2023-06-10. 
  7. Acuña, Nagore (2021-08-20). ""Deseo llevar la música gallega y la vida rural al mundo"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-06-11. 
  8. "A galaicoarxentina Catuxa Salom canta 'Nunha aldea' CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-06-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar