Castro de Tembra

poboado fortificado en Boullón, Brión

Coordenadas: 42°51′10″N 8°41′50″O / 42.852777777778, -8.6972222222222

O castro de Tembra é un castro situado na parroquia de Boullón, no concello coruñés de Brión.

Castro de Tembra
ParroquiaBoullón
ConcelloBrión
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

editar

Consta dun recinto fortificado que se localiza nunha pronunciada aba dos Altos da Faboira, a uns 300 metros sobre o nivel do mar. A pendente do terreo é máis acusada no eixo norte-sur, onde o desnivel chega aos 10 metros. A parte máis elevada do recinto é a súa beira máis próxima ó cumio do sistema montañoso no que se encrava. Os desniveis máis acusados áchanse ó leste, ó sur e ó poñente.

Na actualidade só é visible un dos parapetos defensivos, que está separado do recinto habitado por un foxo de entre 5 e 7 metros de anchura. As dimensións do castro son de 100 metros no eixo norte-sur e 110 metros no eixo este-oeste.

Arqueoloxía

editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar