Castro de Santa Lucía

poboado fortificado en Castrelo de Miño


O castro de Santa Lucía é un castro situado na parroquia de Castrelo de Miño, no concello ourensán de Castrelo de Miño.

Castro de Santa Lucía
ParroquiaCastrelo de Miño
ConcelloCastrelo de Miño
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado situado no lugar de Freás. Trátase dun castro romanizado. No cumio ten unha croa, que ten unhas dimensións de 75 metros no eixo nordeste-suroeste e 50 no eixo sueste-nordeste. Completando o conxunto hai unha plataforma de forma ovalada que mide uns 175 metros no seu eixo maior e uns 125 no menor.

Polos lados norte, noroeste e suroeste presenta unha pronunciada pendente. Polo lado sueste aprécianse os vestixios dun posible foxo, sobre o cal se construíu hai pouco o camiño que leva ata o castro.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar