Castro de Montes Claros
O castro de Montes Claros[1] é un poboado castrexo situado na parroquia de Vilaño (A Laracha). O castro, un dos 19 existentes no concello, está situado nun outeiro sendo unha construción fortificada. As súas medidas de leste a oeste son de 150 metros por uns 140 metros aproximadamente de norte a sur, e noroeste-sueste de 175 metros, por 120 de suroeste-nordés. O castro está catalogado pola Xunta e no PXOM. Semella ter dous accesos un na zona oeste e a outra pola zona sueste. Todo o cumio do monte é unha plantación de eucaliptos.
Castro de Montes Claros | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | abandono | |||
Datas | ||||
Ocupación | Idade de ferro | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 1,65 | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Laracha | |||
Parroquia | Vilaño ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
En xaneiro de 2020, en base ao Plan Especial de Patrimonio Cultural, o concello de Laracha concluíu a expropiación da totalidade das parcelas que conteñen o castro[2], procedendo a unha importante deseucaliptización co obxectivo de poñer en valor o xacemento arqueolóxico.[3]
Notas
editar- ↑ Castro de Montes Claros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Canto custa un castro?... e un menhir?". Historia de Galicia. 2020-01-12. Consultado o 2021-02-17.
- ↑ "Así se ve un castro antes e despois da súa deseucaliptización". Historia de Galicia. 2021-02-16. Consultado o 2021-02-17.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |