Castro de Monte Castrelo

poboado castrexo nos concellos de Allariz e A Merca

O castro de Monte Castrelo, tamén chamado Cima de Vila, é un castro situado entre a parroquia de San Vitoiro da Mezquita e San Mamede de Urrós, no concello ourensán de Allariz, e a de Proente, no concello tamén ourensán da Merca.

Castro de Monte Castrelo
ParroquiaSan Vitoiro da Mezquita, San Mamede de Urrós, Proente
ConcellosAllariz, A Merca
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

editar

Consta dun recinto fortificado situado sobre un outeiro a 655 metros sobre o nivel do mar. Na aba que mira ó concello da Merca obsérvanse tres liñas de murallas con cadanseus socalcos, pero non así na vertente que se asoma ó concello de Allariz.

Arqueoloxía

editar

Durante prospeccións arqueolóxicas atopáronse restos de cerámica con desengraxantes de seixo pertencentes a bordos e corpos. Apareceron tamén anacos de cerámica medieval, que foron depositados no Museo Arqueolóxico de Ourense.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar