Castro de Forxán

poboado fortificado en Viceso, Brión

Coordenadas: 42°52′42″N 8°45′20″O / 42.878333333333, -8.7555555555556

O castro de Forxán é un castro situado na parroquia de Viceso, no concello coruñés de Brión.

Castro de Forxán
ParroquiaViceso
ConcelloBrión
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado oblongo e de forma oval no eixo nordeste-suroeste, situado á marxe do río Tambre. Os desniveis son máis acusados na banda norte que no poñente, mentres que polo nordeste, ó pé duns terrapléns exteriores moi acusados, as defensas están moi deterioradas. O parapeto presenta unha altura no seu nivel interior de 2,5 metros e ten uns 3 metros de espesor. O outeiro no que está o recinto ten un cumio plano e circular situado a uns 190 metros sobre o nivel do mar.

As dimensións do recinto son duns 90 metros no eixo norte-sur e duns 70 no eixo este-oeste.

Conservación editar

O recinto está cuberto de piñeiros, toxos e xestas, así como abundante matogueira. O seu parapeto defensivo presenta numerosas fendas estruturais.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar