Castro de Donramiro

poboado fortificado en Donramiro, Lalín

O Castro de Donramiro é un castro situado na parroquia de Donramiro, no concello pontevedrés de Lalín, preto da vila homónima.

Castro de Donramiro
ParroquiaDonramiro
ConcelloLalín
ProvinciaPontevedra
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA36024035
Cronoloxía
Extensión estimada0,90 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Descrición

editar

Situado a 590 msnm, está formado por tres recintos: dous antecastros e unha croa ou ourela. Esta última ten forma ovalada e delimítaa un terraplén polo lado oeste. Polo lado leste atópanse os dous antecastros, tamén delimitados por senllos terrapléns.

Na actualidade, atópanse instaladas na croa antenas de radio e telefonía, mentres que os antecastros foron vítimas de rebaixes de terra para acondicionar leiras ou soares para a construción.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar