Castro de Bouzalonga

poboado fortificado en Deixebre, Oroso

Coordenadas: 43°01′18″N 8°24′30″O / 43.021804, -8.408239

O castro de Bouzalonga é un castro situado na parroquia de Deixebre, no concello coruñés de Oroso.

Castro de Bouzalonga
ParroquiaDeixebre
ConcelloOroso
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15060003
Cronoloxía
Extensión estimada0,5 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

editar

Consta dun recinto fortificado único de planta practicamente circular. Está defendido por un terraplén que o circunda. No lado norte, o de peores condicións defensivas, posúe tamén un foxo. A isto engádenselle no lado sur dous pequenos terrapléns illados. Nesta parte localízase probablemente a entrada do castro.

O recinto central ten unhas dimensións de 72 metros no eixo norte-sur, e 56 metros no eixo este-oeste. O terraplén exterior ten unha altura de entre 2 e 2,5 metros, mentres que o interior oscila entre os 1,5 e 2 metros.

Arqueoloxía

editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar