Castro de Bordelle
poboado fortificado en Sarandós, Abegondo
Coordenadas: 43°12′44″N 8°20′24″O / 43.2122103, -8.3399068
O castro de Bordelle ou Monte do Castro é un castro situado no lugar de Bordelle na parroquia de Sarandós, no concello coruñés de Abegondo.
Castro de Bordelle | |
---|---|
Parroquia | Sarandós |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15001015 |
Cronoloxía | |
Estado actual | Deteriorado |
Extensión estimada | 0.58 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Morfoloxía
editarConsta dun recinto fortificado de forma ovalada que aproveita a forte pendente polo norte e polo oeste como defensa natural. Polas bandas sur e este existen restos dun pequeno parapeto, hoxe alterado por obras de infraestruturas viarias. Ten unhas dimensións aproximadas de 100 por 58 metros[1].
O castro está gravemente alterado polo sueste por construción de pistas.
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Notas
editar- ↑ "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |