Castro das Travesas
O castro das Travesas ou Eira dos Mouros é un poboado castrexo situado no concello de Carral. Segundo as escavacións feitas en 2006, as primeiras ocupacións datan dos séculos IV-III antes da era actual[1].
Castro das Travesas | |
---|---|
Concello | Carral |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Século -IV - Século -III a século V |
Períodos de escavación | Antón Fernández Malde, 2006 (inicio) |
Estado actual | en estudo |
Extensión estimada | 12 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Descricións
editarO castro ten unha planta circular que despois das limpezas feitas en 2006 e os estudos que se fan dende entón fixan unha extensión dunhas 6 hectáreas polo que está considerado como o castro máis extenso da provincia da Coruña[2]. Preto do castro atopáronse indicios que confirman o paso dun ramal da vía romana XX do Itinerario de Antonino, coñecida como per loca maritima.[3][4]
Escavación
editarNo interior da croa en 2006 documentáronse estruturas de postes de madeira fincados na rocha e asegurados con chanzos, entrenzados de pallabarro e cubertas vexetais. A construción é autóctona.
Notas
editar- ↑ "Castros da provincia da Coruña, no blog O Noso Patrimonio.
- ↑ Castro das Travesas, na web Celtiberia.net (en castelán).
- ↑ "Os arqueólogos achan indicios da terceira vía romana de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 2010.
- ↑ "Abegondo-Hallan en Vizoño restos de una vía romana paralela al Camino de Santiago". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2020-02-01.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- centro de visitantes do castro das travesas
- Castro das Travesas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Bibliografía
editar- Fernández Malde, A. (2006). Proxecto de posta en valor do castro das Travesas, Carral (A Coruña) (páx. 46) ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS. Xunta de Galicia, ISBN 978-84-453-4612-9