Castro das Grobas

poboado fortificado en Vilaselán, Ribadeo

Coordenadas: 43°33′17″N 7°02′58″O / 43.55475, -7.0494166666667

O castro das Grobas é un castro situado na parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Está incluído no Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural co número GA27051007.

Castro das Grobas
Esquema do castro das Grobas á beira da insua de Vilaselán, en vermello, os foxos.
ParroquiaVilaselán
ConcelloRibadeo
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27051007
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavaciónNon escavado - Realizadas catas
Estado actual?
Extensión estimadaaprox. 2,5 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

editar

O castro, litoral, ten unha forma circular ben definida, cunhas dimensións máximas duns 230 m x 180 m, ocupando algo máis de dúas hectáreas e media, ó sur da insua de Vilaselán (Penedo da Ínsua). Suponse que a insua veciña ten algo que ver co castro, pois apareceron alí restos arqueolóxicos como cerámicas.

Distínguense tres foxos paralelos escavados na rocha e de anchura entre 8 e 10 m, separados por parapetos.[1] Asemade, hai indicios dun antecastro, protexido por outro foxo.

Non se aprecian destrucións nin alteracións. Na actualidade o castro forma parte dun terreo comunal creado a resultas da concentración parcelaria en Vilaselán, Ribadeo.

A datación abrangue dende a época castrexa do ferro a finais da conquista romana.

Datación

editar

Está adscrito á idade de ferro romana e atópase no lugar coñecido como O Morgullón.[2]

Galería de imaxes

editar
  1. Rodríguez Díaz, José María (2009). Sobre os Castros de Ribadeo. AVV O Tesón. p. 7. 
  2. "Patrimonio. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-04. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar