Castro da Frouxeira

poboado fortificado en Valdoviño

Coordenadas: 43°37′06″N 8°08′56″O / 43.61839, -8.14895

O castro da Frouxeira ou castro de Punta Frouxeira é un poboado castrexo costeiro fortificado do concello de Valdoviño[1].

Castro da Frouxeira
ParroquiaValdoviño
ConcelloValdoviño
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
PaísGaliza
Id. catálogoGA15087009
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualabandono
Extensión estimada0,5 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza
Castros de Galiza

Descrición editar

Está situado no extremo leste da praia da Frouxeira, ten forma semicircular cun diámetro máximo de 100 metros paralelo ao océano e un ancho máximo ata o océano de 50 metros. Ten unha primeira liña defensiva de grande tamaño e dúas máis pequenas. Ao nordeste hai un acceso posterior que corta as liñas defensivas. Ao sur estaba a entrada principal.

Fronte ás liñas defensivas hai unha devasa e nas proximidades tentouse construír unha urbanización que foi declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 2018.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar