Praia da Frouxeira
areal en Valdoviño
A praia da Frouxeira é un areal situado no concello de Valdoviño que pecha o aceso ao mar da lagoa da Frouxeira, espazo ecolóxico protexido que é refuxio de cría de aves. Un paseo marítimo percorre parte da praia e da lagoa no lado de Valdoviño.
Praia da Frouxeira | |
---|---|
Praia da Frouxeira vista dende Meirás. | |
Características xerais | |
Localización | Valdoviño |
Lonxitude | 3 km. |
Grao de ocupación | Baixa |
Grao de urbanización | Algún |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Tipo de praia | Virxe |
Condicións do baño | |
Praia nudista | Si |
Aspectos medioambientais | |
Zona protexida | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Peonil |
Sinalización do acceso |
O areal e a súa lagoa forman un espazo ecolóxico virxe de area fina e branca cunha lonxitude de máis de tres quilómetros dende Valdoviño ata Meirás. No extremo de Valdoviño está o castro da Frouxeira. Preto del está a illa da Percebelleira. No extremo de Meirás está o faro de Meirás, sobre un penedo rochoso apreciado por pescadores e mariscadores.
A praia da Frouxeira ten bandeira azul aínda que o baño pode ser perigoso ao ser mar aberto. A zona vixiada para o baño é a máis preto de Valdoviño.
Imaxes
editar-
Faro de Meirás.
-
Lagoa da Frouxeira.
-
Lagoa e praia.
-
A Frouxeira vista xeral.