Abrir o menú principal

Castelo do Príncipe, A Ameixenda, Cee

Coordenadas: 42°55′55″N 9°10′26″O / 42.9319767, -9.173884

Castelo do Príncipe
Castelo do príncipe.jpg
Castelo do Príncipe
ParroquiaA Ameixenda
ConcelloCee
Poboación3 hab. (2016)

Castelo do Príncipe é un lugar da parroquia da Ameixenda no concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2016 tiña tres habitantes (un home e dúas mulleres).

PatrimonioEditar

Recibe o seu nome da fortaleza do castelo do Príncipe. Esta fortaleza foi construída en tempos de Carlos III no século XVIII nun pequeno saínte rochoso da costa fronte o castelo do Cardeal en Corcubión. Xuntos estaban destinados a defender a entrada da ría de ataques inimigos. Foi deseñado polo enxeñeiro Llovet e rematouno Carlos Lemuer. Ten un patio central e unha edificación de planta baixa en forma de U. A construción é de cantería de granito rodeada dunha muralla que chega ata o mar, dispoñía de doce canóns e podía acoller ata noventa homes. Nese lugar reuniuse a Xunta de defensa da zona contra os franceses en 1809. Actualmente o castelo está en mans privadas e non se pode visitar.

Lugares e parroquiasEditar