Castelo do Carbedo
O castelo do Carbedo é unha fortaleza de orixe medieval, situado preto da aldea do Carbedo (Esperante, Folgoso do Courel).
Castelo do Carbedo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | monumento e fortaleza ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Folgoso do Courel | |||
Parroquia | Esperante ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008897 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Está situado a 930 m de altitude no cumio dun outeiro, na beira da estrada de Seoane a Visuña. Consérvanse as ruínas de muros, unha torre circular e divisións interiores.
Non se sabe certa a súa data de construción pero xa aparece citado en 1550 polo Licenciado Molina, que o chama "Fortaleza de Courel". Pertenceu a Nuno Peláez, que máis tarde o deixou aos Cabaleiros da Orde de Santiago[1].
Escavacións
editarAs últimas exploracións arqueolóxicas feitas no castelo datan de 1977 e 1979. O traballo foi realizado por un equipo coordinado por José María Luzón Nogué e Francisco Javier Sánchez-Palencia. Os resultados publicáronse en 1980 nun libro titulado El Caurel e editado polo Ministerio de Cultura, dentro da colección:Excavaciones arqueológicas en España[2].
Notas
editar- ↑ Serra do Courel (ed.). "Castelo de Carbedo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ Castelo do Carbedo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Luzón Nogué et all), J M, ed. (1980). El Caurel. Madrid: Ministerio de Cultura. p. 155. ISBN 9788474831139.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |