Castelo de Mir
castelo de Belarús
O castelo de Mir (en belaruso: Мірскі замак; en ruso: Мирский замок; en polaco: Zamek w Mirze; en lituano: Myriaus pilies kompleksas) é un castelo histórico de Belarús e un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1] Atópase na vila de Mir, na rexión de Grodno, a 29 km doutro sitio Patrimonio da Humanidade, o castelo de Nesvizh. O complexo do castelo de Mir atópase a 164 m por riba do nivel do mar.[2] Erixido no século XVI a finais do estilo Gótico báltico, é un dos poucos monumentos arquitectónicos que quedan da antiga Mancomunidade de Polonia e Lituania na Belarús contemporánea.
Notas
editar- ↑ "21 World Heritage Sites you have probably never heard of". The Telegraph (Daily Telegraph). 4 de febreiro de 2016.
- ↑ "Cyrvonaarmiejskaja Vulica Mir Belarus on the Elevation Map. Topographic Map of Cyrvonaarmiejskaja Vulica Mir Belarus".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Mir |