Castelo de Arévalo

O castelo de Arévalo é unha fortificación do século XV, localizada en Arévalo, ao norte da provincia de Ávila. A fortaleza sitúase entre os ríos Adaja e Arevalillo, os cales lle serven de fosos defensivos.

Castelo de Arévalo
ben de interese cultural
ConcelloArévalo
ProvinciaÁvila
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°04′11″N 4°43′15″O / 41.069611111111, -4.7207777777778Coordenadas: 41°04′11″N 4°43′15″O / 41.069611111111, -4.7207777777778
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico-mudéxar (século XII-XVI)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A construción orixinal foi mandada reconstruír no século XV por orde de Álvaro de Zúñiga e Guzmán, duque de Béjar. Hospedou personaxes ilustres como a esposa de Pedro I de Castela, a raíña Branca de Borbón, durante o seu enclaustramento polo repudio que padeceu daquel.

Algunhas fontes afirman que trala morte de Xoán II de Castela se recluíu na fortaleza Isabel de Portugal, nai da futura Isabel a Católica e de Afonso de Castela, cos que supostamente viviu no castelo, aínda que non obstante é máis probable que estes vivisen nunhas casas situadas preto da Porta de Alcocer, xunto á actual praza do Concello.[1] Tras pasar por mans do condestable de Castela, Álvaro de Luna, en 1476 pasou a pertencer aos Reis Católicos.

No século XVI, o castelo foi convertido en prisión. Guillerme de Orange, príncipe de Nassau, foi un dos máis importantes presos do castelo.

Durante os últimos séculos, o castelo pertenceu ao concello de Arévalo quen, por motivos económicos, o cedeu ao Ministerio de Agricultura coa condición de que se usase como silo de cereal. Na actualidade pertence ao Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, úsase como centro de reunións pero tamén se encontra aberto ao turismo e na súa torre da homenaxe se pode vistar un pequeno museo do cereal. Os días de apertura son: fins de semana e festivos nacionais. Realízanse visitas guiadas cada media hora ata as seis da tarde.

A pesar de que na actualidade non se pode apreciar, as murallas que protexían Arévalo durante a súa época de maior auxe económico, polo comercio con cidades como Ávila ou Segovia, ían morrer ao castelo.

O castelo presenta unha planta pentagonal irregular, rematada en cada esquina con pequenas torres circulares, salvo no caso da torre da homenaxe.

  1. Pascual, Carlos (3 de junio de 2013). "“Edades del Hombre” entre paisajes del norte de Ávila". elperiodico.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar