Castelán hondureño

variedade do castelán falado en Honduras

O castelán hondureño é a variedade do castelán falado en Honduras, en América Central, e nas rexións fronteirizas con Guatemala, O Salvador e Nicaragua. O castelán hondureño encádrase dentro do conxunto coñecido xenericamente como castelán centroamericano.

Castelán hondureño
Outros nomes:Español hondureño
Falado en: Honduras
Total de falantes: 9 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán hondureño
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Honduras
Regulado por: Academia Hondureña da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

Pronomes singulares en segunda persoa editar

En Honduras existen dous pronomes singulares en segunda persoa: "usted" e "vos".

  • "Usted" é o pronome en segunda persoa do singular que se emprega en situacións formais e informais en Honduras. Algúns usan o "usted" para dirixirse a tódalas persoas e tales falantes diríxense aos nenos pequenos tamén con "usted." Tamén se adoita empregar entre estraños, autoridades, adultos maiores e outras formalidades. O "usted" é unha forma importante de respecto para os hondureños sen ter en conta a clase socio-económica. O seu uso reflicte o valor cultural que se lle outorga a "usted" como pronome de máis importancia da oralidade hondureña. En situacións onde hai persoas de diferente status social, a persoa menor refírese á mayor de "usted" mentres que o maior vosea, tutea, ou reciproca o "ustedeo" coa persoa menor.
  • "Vos" é o pronome de segunda persoa do singular que se emprega entre familiares e amizades. O voseo é máis empregado para persoas da mesma posición académica ou laboral. Algúns adultos empregan "vos" para dirixirse aos nenos ou mozos e para formar unha distinción de xeración, mais outros adultos diríxense a todos sen ter en conta a idade ou status con "usted". As novas xeracións de hondureños adoitan ser máis flexibles no emprego do voseo. En familias de orixe hondureña no estranxeiro e dentro de Honduras, adóitase ver o voseo en relación as persoas maiores, particularmente aos pais. É o máis usado e preferido por todo o país, e o uso do pronome "vos" é parte da norma culta.[2] En publicidade, comunicación académica e comercial prefírese o uso de "tú".

Notas editar

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
  2. Voseo, Diccionario panhispánico de dudas, Real Academia Española, Primeira edición (outubro de 2005)