Ablativo

caso gramatical
(Redirección desde «Caso ablativo»)

En lingüística, o caso ablativo indica as circunstancias de lugar, de tempo, de modo, de causa, axente,..., expresadas en galego mediante as preposicións en, por, con, sen, sobre,... Por exemplo: no xardín hai flores, morreu pola patria etc. O ablativo recibe o nome tamén de complemento circunstancial.

O ablativo emprégase en linguas como o latín ou o sánscrito. O ablativo latino combina o ablativo indoeuropeo (que indica «dende», procedencia), o caso instrumental (que indica «por» en construcións pasivas ou «con») e o caso locativo (que indica "en"). Partindo do significado orixinal destes casos, algúns outros se foron desenvolvendo, por exemplo o ablativo de causa (que indica ao «causante»), o ablativo de tempo (que indica o «momento», derivado do locativo) e o ablativo absoluto.

O seu nome vén do latín ablatiuus, do supino ablatum, do verbo auferre, quitar.

Exemplos:

  • Latín: rosa, rosa.
  • Nominativo: rosa (a rosa).
  • Ablativo sing: rosa (por, con... a rosa).
  • Ablativo plural: rosis (por, con... as rosas).

O ablativo, di Monlau, «é exclusivamente propio do latín; ablatiuus proprius est romanorum, di Prisciano; e chamárono ablativo ou quitativo, porque quita o valor da preposición que vai envolvida ou comprendida no dativo. Xulio César, no medio da súa guerra das Galias, ditou na súa tenda de campaña un tratado gramatical De Analogia, que dedicou a Cicerón, e no cal se acha por primeira vez o nome ablativo para designar o sexto caso da declinación latina, o cal non tiña nome propio, porque non existe na lingua grega».

En latín, o ablativo adoptou as funcións que empregaban os antigos casos instrumental e locativo. A construción latina en ablativo absoluto é un desenvolvemento destes usos do ablativo.

En finés (suomi), o caso ablativo é o sexto caso locativo. O seu significado básico é «expresar o lugar (aberto) dende onde se produce un desprazamento».

Exemplo: en finés, o (sufixo -lta/-ltä) : piha significa «xardín» -> pihalta «dende o xardín».

Os outros casos locativos en finés son:

Proveñen do ablativo vocábulos galegos como latín LŎCO > logo, HĀC HORĀ > agora, adverbios rematados en -MENTE > -mente, HOC ANNO > hogano.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar