Carrusel (novela)

obra literaria de Berta Dávila

Carrusel é unha novela en lingua galega escrita por Berta Dávila e publicada por Editorial Galaxia en 2019. Nese mesmo ano gañou o XXXI Premio García Barros de novela, outorgado polo concello da Estrada[1]. A revista dixital Fervenzas literarias, especializada en literatura galega, nomeouna a mellor novela galega do ano 2019[2].

Carrusel
Autor/aBerta Dávila
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa (nº 401)
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.9 de outubro de 2019
FormatoRústica con lapelas
Páxinas128
ISBN978-84-9151-404-6
editar datos en Wikidata ]

Narración editar

A novela está escrita en primeira persoa. Destaca polo lirismo da súa linguaxe, a honestidade e sinxeleza con que trata aspectos como a enfermidade mental, as reflexións metanarrativas ou o uso de metáforas matemáticas. Destaca tamén pola penetración psicolóxica coa que a protagonista describe a súa personalidade e a dos seus familiares, en especial do tío Carlos, que ten a mesma doenza mental que a protagonista.

Como xa sucedera en O derradeiro libro de Emma Olsen, a anterior novela da autora, son numerosas as referencias á música pop. De feito, unha das primeiras fontes de inspiración para a novela foi a canción "The Circle Game", de Joni Mitchell.

Traducións editar

A novela publicouse tamén en castelán, na editorial Barrett, en versión da propia autora[3].

Notas editar

  1. "Berta Dávila gaña o premio García Barros". Concello da Estrada. Arquivado dende o orixinal o 06/08/2019. Consultado o 22/01/2020. 
  2. "Os mellores libros do 2019". fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 24/01/2020. Consultado o 24/01/2020. 
  3. "Ficha da novela na editorial Barrett". Arquivado dende o orixinal o 27/02/2021. Consultado o 13/08/2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar