Carmine Crocco
Carmine Crocco, coñecido como Donatello, nado o 5 de xuño de 1830 en Rionero in Vulture e finado o 18 de xuño de 1905 en Portoferraio, foi un bandido e guerrilleiro italiano, o máis temible no século XIX en Italia.
Carmine Crocco | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xuño de 1830 |
Rionero in Vulture | |
Falecemento | 18 de xuño de 1905 |
Portoferraio | |
Nacionalidade | Reino de Italia |
Ocupación | soldado e brigante |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Deixou o servizo militar despois de matar un compañeiro e, para evitar a prisión, entrou no exército de Giuseppe Garibaldi para recibir a graza pero foi detido. Tras a unificación italiana, tornouse o xefe da reacción borbónica e dirixiu un exército de 2.000 homes contra o Reino de Italia. Foi preso e morreu en prisión.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carmine Crocco |