Carme Elías

actriz española
(Redirección desde «Carmen Elías»)

Carme Elias i Boada, nada en Barcelona o 14 de xaneiro de 1951, é unha actriz catalá.

Infotaula de personaCarme Elías

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Carme Elias i Boada Editar o valor em Wikidata
14 de xaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitut del Teatre
Lee Strasberg Theatre and Film Institute (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0255979 Allocine: 237664 Allmovie: p195835 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carme Elías estudou no Institut del Teatre de Barcelona con profesores como Albert Boadella, Hermann Bonnin ou Fabià Puigserver e completou a súa formación artística na escola de Lee Strasberg de Nova York.[1]

En 1974 comezou a súa carreira teatral con La señorita Julia, de Adolfo Marsillach, destacando notablemente na escena catalá con Terra baixa, de Àngel Guimerà. Debutou no cinema con L'orgia, de Francesc Bellmunt, e a súa popularidade creceu grazas á televisión: en 1983 interveu na serie Anillos de oro, de Pedro Masó, un ano despois no programa Y sin embargo... te quiero e en 1986 protagonizou Turno de oficio, dirixida por Antonio Mercero. En 2013 actuou en Fum, dirixida por Josep Maria Miró Coromina.[2]

Tamén asumiu papeis salientables en filmes como Stico (Jaime de Armiñán, 1985), El rey pasmado (Imanol Uribe, 1991), La flor de mi secreto (Pedro Almodóvar, 1995), Os aires difíciles (Gerardo Herrero, 2006) e Camino (Javier Fesser, 2008), polo que gañou o premios Goya á mellor actriz.[3]

Paralelamente, realizou labores de dobraxe de actrices como Nastassja Kinski, Daryl Hannah, Sigourney Weaver ou Demi Moore.

En 2008 volveu á televisión de ámbito estatal coa serie Herederos, protagonizada por Concha Velasco. En 2016 participou en dous capítulos da segunda temporada da serie Cites de TV3. En 2018 interveu na obra de teatro Temps salvatge, de Josep Maria Miró i Coromina e en 2019 dirixiuna Guido Torlonia en Què va passar amb Bette Davis i Joan Crawford?, xunto a Vicky Peña.[4]

Recoñecementos editar

En 2019, Acadèmia del Cinema Català nomeouna membro de honra e en 2021 recibiu o premio Gaudí d'Honor.[5][6] En decembro de 2022, foille outorgada a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[7]

Filmografía editar

Notas editar

  1. Martí, Pep (30 de xuño de 2019). "Carme Elias: «El salt de la creació catalana ha estat extraordinari»" (en catalán). NacióDigital. Consultado o 2020-11-15. 
  2. Fondevila, Santi (23 de setembro de 2013). "‘Fum' o les esquerdes d'uns personatges en un món confús". Ara (en catalán). 
  3. Vídeo: Josep Cuní entrevista l'actriu catalana Carme Elias, premi Goya 2009 Arquivado 13 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (TV3)
  4. Pérez Senz, Javier (2019-03-14). "Magnífico combate de estrellas entre Carme Elias y Vicky Peña". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. 
  5. Mira, Anna (26 de xuño de 2019). "L'Acadèmia del Cinema Català nomena els nous Membres d'Honor" (en catalán). NacióDigital. Consultado o 2020-11-15. 
  6. TV3. "Gaudí d'Honor 2021: Carme Elias" (en catalán). Consultado o 2021-03-22. 
  7. "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023. 
  8. "Las consecuencias" (en castelán). Academia de cine. 3 de xullo de 2019. Consultado o 2020-11-15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar