Os aires difíciles
filme de 2006 dirixido por Gerardo Herrero
Os aires difíciles é unha coprodución galega baseada na obra da escritora Almudena Grandes. Estreouse no ano 2006, dirixida por Gerardo Herrero e protagonizada, entre outros, polos actores galegos Celia Freijeiro e Monti Castiñeiras.
Sinopse
editarJuan Olmedo, un home de corenta anos, logra sobrevivir a un naufraxio tralo que unicamente foi quen de rescatar a unha sobriña e ó seu irmán, discapacitado mental. Juan decide deixar atrás o seu pasado e comezar unha nova vida nun afastado recuncho da costa gaditana.
Nel, coa axuda da súa asistenta Maribel e de Sara, afrontará as lembranzas que o atormentan: o amor segredo que sentía cara a súa cuñada e a morte en estrañas circunstancias do seu irmán Damián.
Intérpretes
editarEquipo técnico
editar- Dirección: Gerardo Herrero
- Guión: Alberto Macías, Almudena Grandes, Ángeles González Sinde.
- Fotografía: Alfredo Mayo
- Dirección artística: José Domínguez del Olmo
- Vestiario: Paco Delgado
- Maquillaxe: Paca Almenara
- Peiteado: Alicia López
- Montaxe: Carmen Frías
- Música: Lucio Godoy