Carlos Vila Varela

futbolista galego

Carlos Vila Varela, nado en Xenebra o 15 de setembro de 1977 é un exfutbolista suízo de orixe galega, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Carlos Varela
Información persoal
Nome Carlos Varela
Nacemento 15 de setembro de 1977
Lugar de nacemento Xenebra
Altura 177 centímetros
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995-1998 Servette FC 77 (19)
1999FC Basel (Cedido) 12 (1)
1999-2000 Servette FC 30 (3)
2000-2004 FC Basel 76 (5)
2003-2004FC Aarau (Cedido) 49 (9)
2005-2009 BSC Young Boys 119 (27)
2009-2010 Neuchâtel Xamax 30 (4)
2010 DC United 6 (0)
2011 Servette FC 5 (1)
2011 FC Wohlen 2 (0)
2011- FC Köniz
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu na cidade suíza de Xenebra, sendo fillo de emigrantes galegos de Cambre.[1]

A maior parte da súa carreira futbolística transcorreu en Suíza salvo unha curta experiencia nos Estados Unidos no ano 2010, ao final da cal volveu ao Servette FC, principal club na súa traxectoria. Na tempada 2011-2012 fichou polo FC Wohlen coa carta de liberdade e ao ano seguinte fichou polo FC Köniz.

Palmarés editar

FC Basel, Servette Xenebra

BSC Young Boys

Notas editar

  1. Gómez, Pablo (18 de novembro de 2002). "Galicia se interna por la banda". La Voz de Galicia (en castelán). p. 30. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar