Carlos Tomé Alonso

político galego

Carlos Tomé Alonso, nado en Vilalba o 26 de maio de 1908, foi un político galego.

Infotaula de personaCarlos Tomé Alonso
Biografía
Nacemento26 de maio de 1908 Editar o valor em Wikidata (116 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
Florencio Delgado, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro e Elixio Rodríguez a bordo do Ipanema.

Emigrado a Cataluña, na Barcelona da guerra civil puxo en contacto a Suárez Picallo e Castelao con distintas organizacións nacionalistas catalás. Coa derrota da República pasou a Francia onde colaborou coa comisión formada en París de representantes da axuda arxentina ao refuxiados galegos da Central Gallega, do Comité Orensano leal e do Grupo Galeguista de Buenos Aires, formada por Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e Germán Vidal Barreiro, antes de ser internado no campo de concentración de Saint-Cyprien.[1] Posteriormente logrou exiliarse en México. Viaxou no Ipanema dende Francia. Chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. En México formou parte dos impulsores da revista Saudade e posteriormente participou na creación de Vieiros. Implicouse na emisión radial “Hora de Galicia” animada polo Padroado da cultura galega de México.

Vida persoal

editar

Casou con Amadora Tomé Menéndez, coa que se exiliou en México.

  1. Pastoriza Rozas, Xosé L. (2022). Real Academia Galega, ed. "Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra cicil e no primeiro exilio en Francia". Boletín da Real Academia Galega (383): 141–156. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar