Abrir o menú principal

Carlos Solchaga

Político e economista navarro

Carlos Solchaga Catalán, nado en Tafalla o 28 de maio de 1944, é un economista, político español e ex-dirixente do Partido Socialista de Navarra e do Partido Socialista Obrero Español. Foi ministro de Economía de España.

Carlos Solchaga
Carlosolchagaur22nov2011.JPG
Nacemento28 de maio de 1944
 Tafalla
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Ocupacióneconomista, político e empresario
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carlos Solchaga naceu na localidade navarra de Tafalla en 1944.[1] Gradouse en Economía e Negocios pola Universidade Complutense de Madrid en 1966.[2][3] Logrou un máster polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1971.[2]

Solchaga comezou a súa carreira profesional no Banco de España.[2][4] Foi o xerente de estudos económicos e conselleiro do Banco de Vizcaya dende 1976 até 1979.[5]

Carreira políticaEditar

Membro do Partido Socialista de Euskadi-PSOE dende 1974 (naquela época o PSE-PSOE agrupaba ós socialistas do País Vasco e Navarra), foi o número dous por Áraba nas listas do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1979. O retroceso electoral socialista no País Vasco respecto das anteriores eleccións deixouno fóra do Congreso, ó que non accedeu até abril de 1980, tras a renuncia da cabeza de lista por Áraba. En devandita lexislatura, foi voceiro do Grupo Parlamentario "Socialistas Vascos" do Congreso dos Deputados, substituíndo a Txiki Benegas. Até a súa chegada ó Congreso, fora conselleiro de Comercio no Consello Xeral Vasco, o órgano preautonómico do País Vasco, baixo a presidencia de Carlos Garaikoetxea. Foi reelixido deputado nas eleccións de outubro de 1982, esta vez por Navarra (renovando escano pola mesma comunidade en 1986, 1989 e 1993).

Formou parte do primeiro gabinete de ministros de Felipe González.[5][6] En decembro de 1982, foi nomeado Ministro de Industria e Enerxía,[7] cargo dende o que impulsou o programa neoliberal[8] de reconversión industrial, cunha considerable conflitividade laboral nos sectores afectados, especialmente o naval. En 1985, pasou a ocupar o Ministerio de Economía e Facenda de España, no que permaneceu até 1993.

En agosto de 1991, foi elixido presidente do Comité Interino (órgano executivo) do Fondo Monetario Internacional (FMI).[2] A súa presidencia no FMI rematou en setembro de 1993[9] e foi sucedido polo Ministro de Economía de Bélxica, Philippe Maystadt.[10] Tras as eleccións Xerais de 1993, foi elixido Portavoz do Grupo Socialista do Congreso dos Deputados. Mantivo fortes tensións coa facción "guerrista" do PSOE. En 1996 deixou a política activa pero non a vida pública.

A continuación dedicouse a traballar para o sector privado. Dende 1991, Solchaga ocupa diversos cargos como conselleiro e consultor externo de grandes corporacións sendo o secretario da Fundación Euroamérica[11] ademais de estar vinculado a diferentes organismos culturais, como o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, de cuxo Padroado foi nomeado vicepresidente.[5] Tamén é membro de numerosas institucións, incluíndo PRISA e Renta Corporación.[5]

NotasEditar

  1. Biografias y Vidas (ed.). "Carlos Solchaga". Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Solchaga Recio (ed.). "Directors". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  3. "José Luis Sampedro: Economist who became an inspiration for Spain's anti-austerity movement". The Independent. 29 de maio de 2013. Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  4. John Williamson (xaneiro de 1994). The Political Economy of Policy Reform. Peterson Institute. p. 130. ISBN 978-0-88132-195-1. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Bloomberg Businessweek (ed.). "Carlos Solchaga Catalán". Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  6. "A new energy model for Spain" (PDF). IDEAS Foundation. 20 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  7. Edward Schumacher Spain's leader drops top aides in a big shuffle The New York Times 5 de xullo de 1985. Consultado o 19 de outubro de 2013
  8. Omar G. Encarnación (8 de xullo de 2008). Spanish Politics: Democracy After Dictatorship. Polity. p. 60. ISBN 978-0-7456-3992-5. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  9. International Monetary Fund, ed. (1 de xaneiro de 1994). 1994 Annual Report of the Executive Board. p. 199. ISBN 978-1-4552-8994-3. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  10. PRNews, ed. (15 de setembro de 1993). "IMF's interim committee selects new chairman". Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  11. BBC Monitoring International Reports, ed. (19 de xaneiro de 2005). "Spanish premier's South American tour to include Venezuela". Consultado o 7 de xullo de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar