Carlos Regueira

científico galego, experto en saúde pública, e investigador de hórreos

Carlos Manuel Pastor Regueira Méndez, nado en Muros en 1957, é un profesor de saúde pública e investigador especializado en hórreos.

Infotaula de personaCarlos Regueira
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Química e Farmacia, e doutor en Farmacia[1] pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor no departamento de psiquiatría, radioloxía e saúde pública. O seu campo de traballo profesional foi precisamente no ámbito da saúde pública[2], con investigación nos eidos da ocorrencia de determinadas enfermidades ou condicións, desde a catarreira á asma e á síndrome premenstrual[3]. Tamén dirixiu dúas farmacias (unha en Baíñas) e mais un laboratorio de análises clínicas.

De maneira afeccionada dedicouse á micoloxía[4] e á investigación dos hórreos[1]. Froito desta última é a publicación en 2017 do Atlas de hórreos de Galicia.

Obra editar

Vida persoal editar

Xubilado da Universidade de Santiago en 2019[1], reside no concello de Ames.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Carlos Regueira gañou o Certame de Investigación Condado de Pallares". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-11-08. Consultado o 2021-01-31. 
  2. "Horario do profesor. Carlos Regueira". www.usc.es. Consultado o 2021-01-31. 
  3. "Research Gate. Carlos Regueira-Méndez". 
  4. "«No hay que lanzarse sin más a por setas, puede ser peligroso»". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-11-01. Consultado o 2021-01-31.