Carlos Pol
Carlos Pol Caamaño, nado en Ordes cara a 1862, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1862 Ordes |
Morte | século XX |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Pai | Florencio Pol Ramos |
Irmáns | Julio Pol Caamaño |
Traxectoria
editarFillo de Florencio Pol Ramos. Foi procurador e escribano en Ordes. Republicano, en 1891 fundou a loxa masónica de Ordes. Foi elixido presidente do Comité republicano-progresista do partido de Ordes en 1885.[1] Trasladado a Coruña, foi mestre na escola de La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Dirixiu os periódicos A Fuliada (1888) e Brisas y Tormentas (1900) e colaborou en A Monteira. Foi presidente da Sociedad de composición musical y declamación (1901). Publicou poemas e relatos en galego na revista A Fuliada. En 1901 estreáronse no Salón Lino as súas obras dramáticas nun acto, El amor y el deber, La madre obrera e A caza de microbios.[2] En 1904 dirixiu a revista El Argos, órgano da Liga de Amigos da Coruña. Emigrou a Arxentina en 1906.
Obras
editar- Edad de locos, 1888 (comedia en verso en dous actos)[3].
- Sir Wasongtong: Juguete cómico en un acto, en prosa y verso, 1902.
- Oinegni o los locos del siglo XX: Juguete cómico en cinco cuadros y en verso, 1902.
- El crimen de la calle de San Andrés.
Vida persoal
editarCasou con Josefa Crespo e foi pai de Julio, Pastora, Ramiro, Lucila e Pablo Pol Crespo.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1954). "Pol Caamaño, Carlos". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 3. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 106.
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2003. pp. 317–320. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 6 de novembro de 2013.
- Pereira Martínez, Carlos (2018). "O devalar vital dun librepensador: Carlos Pol Caamaño". Anuario Brigantino (14): 151–172.