El Argos

El Argos foi un semanario editado na Coruña en 1904.[1]

Historia e característicasEditar

Subtitulado Defensor imparcial de los intereses del pueblo, apareceu a finais de maio de 1904[2]. Era órgano da Liga de Amigos da Coruña. Publicábase os domingos. Estaba dirixido por Carlos Pol Caamaño. A reacción e administración estaba no Salón do Teatro Circo Emilia Pardo Bazán. O último número coñecido é o do 12 de agosto de 1904.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 12-11-1967, p. 28.
  2. El Noroeste, 5-6-1904, p. 2.