Carlos Caba

policía e escritor español
(Redirección desde «Carlos Caba Landa»)

Carlos Caba Landa, nado en Zaragoza[1] o 2 de decembro de 1900 e finado en Donostia[2] o 23 de outubro de 1992, foi un policía e escritor estremeño.

Infotaula de personaCarlos Caba
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte1976 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , policía Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPedro Caba Landa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pasou a súa infancia en Arroyo de la Luz (Cáceres) e estudou en Madrid. Como policía formou parte do servizo de seguridade nas embaixadas españolas de Francia, Suíza, Italia e algúns países balcánicos; despois estivo destinado en Pontevedra como inspector de policía (1944-1957), ascendendo a comisario en 1948;[3] e xa ascendido a comisario de primeira en 1957,[4] pasou a Donostia.[5]

En 1933 publicou xunto co seu irmán o volume Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo, sobre o flamenco. Durante a súa estancia en Galicia colaborou en periódicos galegos como El Pueblo Gallego (onde mantivo a sección "Ángulo de la Peregrina"), Vida Gallega ou La Noche. Amais publicou tres novelas sobre o contrabando e a espionaxe en Galicia: ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina (1947), Caucho a la deriva (1950) e Crimen en la frontera (1957).[2] Deixou varios orixinais inéditos.[6]

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[7]

Obra editar

  • Las ideologías del siglo. 1920; con Pedro Caba Landa.
  • Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo. Madrid, 1933; con Pedro Caba Landa.
  • Roger de Flor. 1946.
  • ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina. 1947.
  • Caucho a la deriva. 1950.
  • Crimen en la frontera. 1956 (Premio El Buscón).

Vida persoal editar

Foi pai de Carlos, María de la Concepción e María Victoria Caba Moral.

Notas editar

  1. Sergio Lorenzo (12 de outubro de 2008). "El resurgir de los hermanos Caba". Hoy (en castelán). .
  2. 2,0 2,1 Antonio Vidal (5 de decembro de 2018). "La tierra de Deza en la novela" (en castelán). 
  3. La Noche, 24-7-1948, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 18-10-1957, p. 8.
  5. Boletín Oficial del Estado, 13 de xaneiro de 1960 (en castelán).
  6. Couceiro Freijomil, A. (1951). "CABA LANDA, Carlos". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 184. 
  7. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar