Carlo Colombaioni

Carlo Colombaioni, nado preto de Ancona en 1933 e finado o 15 de maio de 2008 en Saint Chef (Francia), foi un pallaso (clown no argot) italiano. Era coñecido como Figlio d'Arte, e foi proclamado "O mellor clown do Mundo" no Festiclown de 2002.

Infotaula de personaCarlo Colombaioni
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Ancona, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte15 de maio de 2008 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Saint-Chef, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInfarto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPallaso , mimo , acróbata Editar o valor em Wikidata
DeporteAcrobacia Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Era o quinto de oito irmáns. Naceu nunha caravana preto de Ancona. Con 15 anos deixou o circo para iniciarse no teatro, pero acabaría por volver ao circo. No mundo circense estaba considerado 'demasiado moderno' para ser un clown, pois actuaba sen os traxes tradicionais destes e con nada de maquillaxe. Pasado certo tempo volveu ao teatro, onde seguiu ata a súa morte.

Vivía coa súa esposa, Catherine, e con Milo, o seu fillo. Era pai tamén de Naomi Colomabioni, filla dun matrimonio anterior.

Traxectoria profesional editar

Inspirado na comedia tradicional italiana e na commedia dell'arte, caracterizouse polo uso artístico da improvisación.

Colaborou con artistas como Federico Fellini (participou cos seus irmáns nas películas La strada e I Vitelloni), Jerzy Grotowski, Dario Fo, Ana Magnani, Totò, Jango Edwards ou Leo Bassi

Durante máis de 30 anos actuou co seu cuñado Alberto Vitali baixo o nome de I Colombaioni[1]. Após o falecemento de Vitali, creou un espectáculo en solitario, Carlo presenta Carlo, onde amosaba unha comparativa sobre a evolución da arte clown a través de gags e sketches sobre asuntos tan dispares como a guerra, a igrexa, Pinocchio ou os malabarismos.

Participou na III e VI edicións do Festival Internacional de Clown de Madrid, onde impartiu cursos. Tamén participou en varias edicións do Festiclown en colaboración co galego Iván Prado.

Logo da súa morte, o Festival Trapezi gardoulle 'un minuto de risa'. Carlo pedíralle a Jango Edwards que organizase unha gran festa cando morrese, o que aconteceu en 2008 coa organización en Vigo do Mundoclown - Memorial Carlo Colombaioni.

Notas editar

  1. "Deux vrais clowns sans nez rouge : Les Colombaioni de retour à Paris", Jean-Pierre Thiollet, Le Quotidien de Paris, 22/09/1981