Iván Prado

Iván Fernández Prado[1], máis coñecido como Iván Prado, nado en Lugo en 1974, é un pallaso, actor e director teatral galego.

Iván Prado
Nacemento1974
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Como pallaso formouse con outros especialistas nesta disciplina: Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Philippe Gaulier ou Jango Edwards, entre outros.

É director de espectáculos e eventos como Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), Magiclown ou Terractiva (Feira Ecolóxica de Arzúa), membro da compañía teatral Os Sete Magníficos máis Un e socio dunha empresa de distribución cultural.[2]

Ten promovido e participado en diferentes causas solidarias, como o Festiclown Palestina 2011 [3] ou o Festiclown Wirikuta (México) 2012 [4]. Precisamente, o apoio á causa palestina valeulle en 2010 ser retido e deportado no aeroporto israelí Ben Gurion [5][6].

NotasEditar

  1. Juventudcanaria.com[Ligazón morta], consultado o 8 de febreiro de 2013
  2. Culturactiva Arquivado 05 de agosto de 2013 en Wayback Machine., consultado o 8 de febreiro de 2013
  3. La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2011
  4. Jornada, 11 de xuño de 2012
  5. Faro de Vigo, 24 de abril de 2010
  6. Haaretz, 6 de maio de 2010]

 
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.