Abrir o menú principal

Carl Lampert, nado en Göfis (Austria) o 9 de xaneiro de 1894 e executado en Halle (Saxonia-Anhalt, Alemaña) o 13 de novembro de 1944, foi un sacerdote católico oposto ao nazismo.

Carl Lampert
Carl Lampert (1918).jpg
Nacemento9 de xaneiro de 1894
 Göfis
Falecemento13 de novembro de 1944
 Halle (Saale)
CausaDecapitación
NacionalidadeAustria
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e membro da resistência
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ordenado sacerdote en 1918, foi un experto en Dereito canónico ata o punto de que se trasladou a Roma, onde traballou como avogado do Tribunal da Rota. En 1935 volveu a Austria, onde amosou a súa distancia con Anschluss. En 1939 foi nomeado provigario da Administración Apostólica de Insbruck Feldkirch.

A súa visión crítica contra o totalitarismo, o racismo e o belicismo nazis eran coñecidas, polo que foi arrestado en varias ocasións e enviado en 1940 ao campo de concentración de Dachau en Baviera por presunta actividade contra o Reich. Sufriu malos tratos e torturas. Estivo tamén no campo de concentración de Stettin.

En 1941 foi desterrado. As súas chamadas telefónicas e a súa correspondencia foron sistematicamente interceptadas. Ao non dar mostras de retractarse, foi imputado por hostilidade contra Alemaña, difusión de informacións inconvenientes e escoita de transmisións inimigas. Con estas acusacións foi arrestado de novo o 4 de febreiro de 1943. Tras tres prolongados procesos, foi finalmente condenado. O 13 de novembro de 1944 morreu decapitado xunto con outros dous sacerdotes: Herbert Simoleit e Fiedrich Lorenz.

Foi beatificado por Bieito XVI.