Carl Friedrich Lottner

lingüista e profesor xermano-irlandés

Carl Friedrich Lottner, nado o 20 de xuño de 1834 en Berlín e finado o 15 de abril de 1873 en Dublín, foi un lingüista e profesor de ensino medio xermano-irlandés[1].

Infotaula de personaCarl Friedrich Lottner
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1834 Editar o valor em Wikidata
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1873 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Dublín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , lingüista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Lottner era fillo dun Jusitiars e irmán de Heinrich Lottner. Os dous fillos do Conselleiro xudicial, Franz August Lottner (1796-1836) e Juliane Caroline Wilhelmine Lottner, nada Sander[2]. Lottner estudou dende 1851 a 1854 na Universidade de Berlín, Filoloxía e Lingüística Comparada con Franz Bopp e Jacob Grimm. Despois dos seus estudos, comezou a traballar como profesor de ensino secundario, pero intentou conseguir unha carreira universitaria. Deixou o Reino de Prusia, e estableceuse desde 1858 en Edimburgo. Un ano máis tarde, mudouse a Londres, e, finalmente, a partir de 1860 ata a súa morte ao Trinity College de Dublín (Reino Unido de gran Bretaña e Irlanda), para ser profesor. Alí, asumiu a praza vacante de sánscrito, que ocupara ata a súa morte Rudolph Thomas Siegfried (1830-1863), procedente de Dessau. Ao mesmo tempo, Lottner traballou a media xornada como bibliotecario. A súa vida dedicouna case totalmente ao seu traballo científico. O seu interese especial foi para moitas linguas indoeuropeas. Pero tamén lles prestou atención á escrita cuneiforme e ás linguas africanas e asiáticas.

Formulou en 1861[3] a hipótese dunha relación máis próxima entre o grupo lingüístico italo-céltico dentro do (hipotético) protoindoeuropeo (PIE). O seu traballo "Ausnahmen der ersten Lautverschiebung“ (1862) facilitoulle a Friedrich Max Müller correlacións fundamentais no seu exame da Lei de Grimm no seu "Lectures on the Sciences of Languages" (1864).

Obras (selección) editar

Notas editar

  1. [1]Deutsche Biographie: Lottner, Carl Friedrich
  2. Rudolf Vierhaus (Hrsg.): Deutsche Biographische Enzyklopädie; Kraatz - Menges. Walter de Gruyter, Berlin 2006, ISBN 3-1109-4027-2, p. 568.
  3. Carl Friedrich Lottner: Celtisch-italisch. Beiträge zur vergleichenden Sprachforschung auf dem Gebiete der Arischen, Celtischen und Slawischen Sprachen 2 (1861), pp. 309-321.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Death of Dr. Lottner. Professor of Sanskrit and assistant librarian, Trinity College, Dublin. The Irish builder, Vol. XV, No. 321, p. 128, May 1, 1873
  • Peter Fox: Trinity College Library Dublin: A History. Cambridge University Press, Cambridge 2014, ISBN 1-1399-5222-6, S. 196