Carl Eduard Adolph Gerstäcker

entomólogo alemán

Carl Eduard Adolph Gerstäcker, tamén coñecido como Carl Eduard Adolf Gerstaecker e Karl Eduard Adolf Gerstaercker, nado en Berlín o 30 de agosto de 1828, e finado en Greifswald, Pomerania Occidental, foi un zoólogo alemán especializado en entomoloxía.

Infotaula de personaCarl Eduard Adolph Gerstäcker

Retrato de Gerstäcker contra 1870
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1828
Berlín, Confederación Xermánica
Morte20 de xullo de 1895
Greifswald, Pomerania Occidental (Imperio alemán)
Cargos
Conservador do Museo Zoolóxico Universidade Humboldt de Berlín
Profesor universitario
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Formación profesionalMedicina, Ciencias Naturais
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Director de teseJohann Christoph Friedrich Klug (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía e zooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Greifswald
Linguaalemán
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGerstaecker Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Premios

Traxectoria editar

Carl Eduard Adolph Gerstäcker naceu en Berlín, onde estudou Medicina e Ciencias Naturais, doutorándose en 1855. En 1856 obtivo a súa habilitación como zoólogo e pouco despois foi nomeado conservador do Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. En 1864 comezou a traballar como conferenciante no Landwirtschaftlichen Lehranstalt (Institución Agraria para a Educación) en Berlín. En 1874 foi nomeado profesor asociado de zooloxía na Universidade Humboldt e, en 1876, profesor de zooloxía na Universidade de Greifswald.[1]

Obras destacadas editar

  • Monographie der Endomychiden (1858).
  • Handbuch der Zoologie (con Wilhelm Peters e Julius Victor Carus), Leipzig (1863-1875).
  • Carus, Julius Victor; Carl Eduard Adolph Gerstäcker, eds. (1863). Handbuch der zoologie. Zweiter Band. Leipzig: Engelmann. 
  • "Arthropoda", en Klassen und Ordnungen des Thierreichs (1866–1893).
  • Beitrag zur Insekten-Fauna von Zanzibar. Parts [1]-3. (1866).
  • Das Skelet des Döglings Hyperoodon Rostratus (Pont.) Ein Beitrag zur Osteologie der Cetaceen und zur vergleichenden Morphologie der Wirbelsäule, (1887).[2]

Abreviatura editar

A abreviatura Gerstäcker emprégase para recoñcer a Carl Eduard Adolph Gerstäcker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Gerstaecker, Carl Eduard Adolph En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6, 1964. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323.
  2. HathiTrust Digital Library.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Wilhelm Heß: "Gerstaecker, Karl Eduard Adolf". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Volume 49. Leipzig, 1904, Duncker & Humblot, p. 678.
  • Lothar Kämpfe (2013): "Gerstaecker, Adolph (1828–1895)". En: Dirk Alvermann, Nils Jörn (ed.): Biographisches Lexikon für Pommern. Volume 1. Köln/Weimar/Wien: Böhlau Verlag. ISBN 978-3-4122-0936-0, pp. 90–92.
  • Georg Uschmann (1964): "Gerstaecker, Carl Eduard Adolph". En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323 (Dixitalizada).

Ligazóns externas editar