Abrir o menú principal

Carina Mejías

política española

María Caridad Mejías Sánchez,[1] máis coñecida como Carina Mejías, nada en Barcelona o 16 de xuño de 1964, é unha avogada e política española, deputada do Parlamento de Cataluña polo Partit Popular entre 1999 e 2003 e entre 2006 e 2010 e por Ciutadans desde 2012, e concelleira no Concello de Barcelona desde as eleccións municipais da devandita cidade de 2015.

Carina Mejías
7 Carina Mejías.JPG
Nome completoCarina Mejías Sánchez
Nacemento19 de xuño de 1964
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona e Universidade Abat Oliba CEU
Ocupaciónpolítica e xurista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona, máster en estudos humanísticos e sociais, itinerario xurídico pola Universidade Abat Oliba CEU, posgrao en dereito concursal pola UVIC. Exerceu como Procuradora dos tribunais en Barcelona desde 1991 ata 2003. É membro do Colexio de Avogados de Barcelona. É membro da Executiva de Foro España Hoy e colaboradora habitual en diversos medios de comunicación, como Crónica Global ou El Mundo.[2]

Afiliouse en 1991 ao Partido Popular. Foi concelleira no Concello de Barcelona e deputada no Parlamento de Cataluña de 1999 a 2003 e de 2006 a 2010. O 15 de outubro de 2012 presentouse como independente ao proceso de primarias de Ciutadans-Partit de la Ciutadania (C's) e foi elixida número 3 por Barcelona para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012, nas que saíu elixida deputada. En xaneiro de 2014, tras a renuncia de Jordi Canas, foi designada voceira do seu grupo parlamentario e en xuño do mesmo ano entrou a formar parte do Comité Executivo de como portavoz da acción política municipal.

Candidata á alcaldía de BarcelonaEditar

En decembro de 2014 foi designada, mediante un procedemento de primarias, candidata de Ciutadans á alcaldía de Barcelona para as eleccións municipais de 2015.[3] O 10 de abril de 2015 producíronse as primarias para elixir os cinco primeiros postos da súa lista municipal e resultaron elixidos Sonia Sierra (2), Marilén Barceló (3), Santiago Alonso (4) e Francisco Sierra (5), que foron os que saíron elixidos concelleiros nas eleccións municipais.[4]

NotasEditar

Véxase taménEditar