Carballesa (muiñeira)

A carballesa é unha composición musical e un baile variante da muiñeira. O baile, sempre en roda, conservouse só nas zonas montañosas do Courel.

Carballesa (muiñeira)
O baile da carballesa foi recollido nas zonas da montaña oriental galega
Carballesa do Incio.
Orixe culturalGalicia Galicia
Zona de conservaciónO Incio
Folgoso do Courel
Instrumentos típicosCharanga
Derivado deMuiñeira

Características editar

De ritmo rápido e vivo, escríbese en compás de 6/8 ou de 2/4.[1] Bailase en roda, cun bailador (guía) que inicia os puntos sendo a continuación imitado polo resto das parellas. Adoita ir acompañada por unha charanga e ser interpretada polos grupos de baile tradicional con zocos, zocas e o resto da vestimenta propia da montaña.

O folclorista Casto Sampedro atribúe o seu nome, sen fundamento, á súa "xeneralidade" nas terras do Carballiño.[2] A música foi recollida tamén noutras areas galegas como Melide ou Boimorto,[3] porén, nas recollas realizadas a finais do século XX, só se documenta xa o baile na zona do Incio e do Courel.[4] Segundo o cancioneiro deste autor, cando unha parella sobresaía sobre as outras polo alto dominio técnico do baile os restantes bailadores abandonaban a danza para convertérense en espectadores. Asemade afírmase que en ocasións era a muller, e non o home, a que guiaba os puntos do baile.[2]

Notas editar

  1. "Carballesa". academia.gal. DRAG. 
  2. 2,0 2,1 Sampedro Folgar, Casto (1982 (Facsímile)) [1942]. Filgueira Valverde, ed. Cancionero musical de Galicia. Fundación Barrie de la Maza. p. 184-185. 
  3. "Folkotecagalega. Pezas:muineiras (carballesas)". Folkotecagalega.com. Consultado o 02/04/2021. 
  4. Martínez San Martín, Anxo (1998). Historia e evolución da danza en Galicia (PDF). O feito diferencial galego. Vol 1. Música 1 (Museo do Pobo Galego). p. 125. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar