Caquexia

Caquexia, concepto orixinado a partir de dous termos gregos "kakos" que significa malo e "hexis" que significa condición,[1] é un estado de desnutrición extremo, característico de certas enfermidades en fase terminal.[2] Representa un estado patolóxico que resulta do consumo inadecuado dun ou máis nutrientes esenciais e que se manifesta ou descobre clinicamente ou por probas bioquímicas, de laboratorio ou antropométricas.[3]

Caquexia
Clasificación e recursos externos
ICD-10R64
ICD-9799.4
MeSHD002100
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

DefiniciónEditar

Trátase dun síndrome asociado a moitas enfermidades, do que non constou unha definición precisa ata 2006 e que fixo que durante moitos anos o seu diagnóstico e tratamento sufrisen un atraso.[4] Hoxe en día, defínese como "unha síndrome metabólica complexa asociada a unha enfermidade subxacente caracterizada pola perda de músculo con ou sen masa graxa. A súa característica prominente é a perda de peso en adultos (corrixido pola retención de líquidos) ou a falta de crecemento nos nenos (excluíndo causas endócrinas). Esta enfermidade de desgaste normalmente asóciase a anorexia, inflamación, resistencia á insulina e aumento na degradación de proteínas musculares. O desgaste é diferente do ocurrido pola inanición, sarcopenia (perda de masa muscular asociada á idade), lipoatrofia (perda de graxa subcutánea secundaria a algúns antirretrovirais) así como do producido por depresión primaria, malabsorción, hipertiroidismo, e asóciase co aumento da morbilidade".[4]

SíntomasEditar

Perda de tecido adiposo, perda muscular, debilidade, fatiga, baixa proporción de apetito. [1]

Asociación a enfermidadesEditar

SIDA, cancro, enfermidade celíaca, artrite reumatoide, esclerose múltiple, insuficiencia cardíaca conxestiva, tuberculose, envelenamento de mercurio, sepsia severa, malabsorción.[1]

DiagnósticoEditar

A caquexia diagnostícase cando existe unha perda de peso de polo menos un 5% do peso durante os 12 meses previos ou ben cando o índice de masa corporal (IMC) é menor a 20 kg/m2, ademais da presenza de máis de tres das cinco seguintes características: diminución da forza muscular, fatiga, anorexia, baixo índice de masa libre de graxa, alteracións bioquímicas (aumento de marcadores inflamatorios, anemia, hipoalbuminemia).[4]

PrognósticoEditar

En casos de desnutrición extrema pode requerirse hospitalización nunha unidade de trastornos alimentarios. Será sempre importante tratar se a causa é algunha enfermidade que poida corrixirse. Ás veces a axuda dun psicólogo ou psiquiatra tamén é moi beneficiosa. [3]

Se se consegue dunha alimentación correcta, pódese saír do estado de desnutrición, pero é preciso esforzo, coñecemento, axuda e sobre todo vontade de parte do enfermo.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Caquexia/síndrome el perder". News Medical Life Sciences. Consultado o 27/09/2021. 
  2. https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/caquexia
  3. 3,0 3,1 3,2 "Caquexia". Sociedad Española de Medicina Interna. Consultado o 27/09/2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Milke García, Pilar (2010). "Síndrome de anorexia-caquexia". Revista de Gastroenterología de México 75 (S2): 205–207.