Cao Xueqin

novelista e poeta chinés da dinastía Qing

Cao Xueqin (chinés tradicional e simplificado. 曹雪芹; pinyin: Cáo Xuěqín; Wade-Giles: Ts'ao2 Hsüeh3-ch'in2), nado o 4 de abril de 1710 e finado o 10 de xuño de 1765, foi un novelista e poeta chinés da dinastía Qing. É coñecido por escribir Hong lou meng ("O soño do pavillón vermello"), unha das Catro Novelas Clásicas Chinesas. O seu nome de nacemento era Cao Zhan (曹霑), e o seu nome de cortesía Mengruan (夢阮).

Infotaula de personaCao Xueqin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 曹霑 Editar o valor em Wikidata
12 de xullo de 1724 Editar o valor em Wikidata
Nanjing (Dinastía Qing) Editar o valor em Wikidata
Morte1763 ↔ 10 de xuño de 1765 Editar o valor em Wikidata (35/45 anos)
Pequín (Dinastía Qing) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Qing Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo China Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , novelista , autor de poesía ci , pintor , poeta , filósofo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literario曹雪芹 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
Beijing Municipal Intangible Cultural Heritage (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1305676 IMSLP: Category:Cao,_Xueqin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Cao Xueqin naceu no seo dunha familia de mandaríns en decadencia, que formaban parte dunha das oito bandeiras de Qing. Viviu no luxo até 1728, cando o emperador Qianlong confiscou todos os bens dos Cao aducindo unhas supostas débedas co goberno.[1] Sumidos na miseria, abandonaron a capital do sur, Nanjing. Cao Xueqin trasladouse a Beijing, onde viviu só, en reclusión. O escritor manchú Yu Rui (1771-1828) describiuno así despois do seu pasamento:[2]

Souben grazas a uns amigos, parentes políticos do autor, que era de complexión robusta, pel morena e grande elocuencia, elegante e divertido a un tempo: todo o que falaba facía nacer a primavera.

Influencia

editar

A forma e o estilo da obra de Cao Xueqin foron unha referencia esencial da novela chinesa posterior. O escritor Lao She inspirouse na narrativa xeracional do Hong lou meng para escribir a súa novela río Si shi tong tang ("Catro xeracións baixo un mesmo teito", 1944). No mesmo sentido, influenciou a célebre Jia ("Familia", 1933), de Ba Jin.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar