Canle de calcio

(Redirección desde «Canal de calcio»)

Unha canle de calcio é unha canle iónica proteica situada nas membranas biolóxicas que mostra permeabilidade selectiva a ións calcio. Moitas veces utilízase como sinónimo de canle de calcio dependente de voltaxe,[1] aínda que existen tamén canles de calcio dependentes de ligando.[2]

Táboas de comparativa

editar

As seguintes táboas explican a función, localización e apertura de diferentes tipos de canles de calcio, tanto os dependentes de voltaxe coma de ligando.

Canles de apertura regulada por voltaxe

editar
Tipo Voltaxe Subunidade α1 (nome do xene) Subunidades asociadas Atopado principalmente en
Canle de calcio de tipo L ("de longa duración" ou "receptor DHP") HVA (activado por alta voltaxe, do inglés high voltage activated) Cav1.1 (CACNA1S)
Cav1.2 (CACNA1C) Cav1.3 (CACNA1D)
Cav1.4 (CACNA1F)
α2δ, β, γ Músculo esquelético, músculo liso, óso (osteoblastos), miocitos ventriculares** (responsable dun potencial de acción prolongado en células cardíacas; tamén denominados receptores DHP), dendritas e espiñas dendríticas de neuronas corticais
Canle de calcio de tipo P ("Purkinje") /canle de calcio de tipo Q HVA (activado por alta voltaxe) Cav2.1 (CACNA1A) α2δ, β, posiblemente γ neuronas de Purkinje no cerebelo / células granulosas cerebelares
Canle de calcio de tipo N ("Neural"/"Non L") HVA (activado por alta voltaxe) Cav2.2 (CACNA1B) α2δ/β1, β3, β4, posiblemente γ Por todo o cerebro e sistema nervioso periférico
Canle de calcio de tipo R ("Residual") activado por voltaxe intermedia Cav2.3 (CACNA1E) α2δ, β, posiblemente γ células granulosas cerebelares, outras neuronas
Canle de calcio de tipo T ("Transitorio") activado por voltaxe baixa Cav3.1 (CACNA1G)
Cav3.2 (CACNA1H)
Cav3.3 (CACNA1I)
- neuronas, células que teñen actividade de marcapasos, óso (osteocitos), tálamo

Canles de apertura regulada por ligando

editar
Tipo Abertas por Xene Localización Función
Receptor IP3 IP3 ITPR1, ITPR2, ITPR3 RE/RS Libera calcio do RE/RS en resposta ao IP3 por exemplo GPCRs[4]
Receptor ryanodine receptores dihidropiridina en túbulos T e por incremento de calcio intracelular (Calcium Induced Calcium Release - CICR) RYR1, RYR2, RYR3 RR/RS liberación de calcio inducida polo calcio en miocitos[4]
Canle de dous poros
Canles catiónicos do esperma
canles operadas por almacén (store-operated channels) indirectamente por depleción de calcio en RE/RS[4] ORAI1, ORAI2, ORAI3 membrana plasmática

Farmacoloxía

editar

Os bloqueantes de canle de calcio de tipo L utilízanse para tratar a hipertensión. Os bloqueantes de canle de calcio de tipo T utilízanse para tratar a epilepsia.

  1. DorlandsDictionary - calcium channel
  2. Striggow F, Ehrlich BE (agosto de 1996). "Ligand-gated calcium channels inside and out". Current Opinion in Cell Biology 8 (4): 490–5. PMID 8791458. doi:10.1016/S0955-0674(96)80025-1. 
  3. Walter F., PhD. Boron (2005). Medical Physiology: A Cellular And Molecular Approach. Elsevier/Saunders. ISBN 1-4160-2328-3.  Páxina 479
  4. 4,0 4,1 4,2 Rang HP (2003). Pharmacology. Edinburgh: Churchill Livingstone. p. 54. ISBN 978-0-443-07145-4. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar