Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2022

O Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2022 celebrouse en Dinamarca entre os días 26 de agosto e 4 de setembro de 2022. As cidades que acollen o torneo son Herning e Frederikshavn.

Modelo:Competición deportivaCampionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2022
TipoCampionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino Editar o valor en Wikidata
Parte de2022 Women's Ice Hockey World Championships (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes10 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Localización Scanel Hockey Arena (en) Traducir (Frederikshavn Municipality (en) Traducir)
KVIK Hockey Arena (Herning) Editar o valor en Wikidata
PaísDinamarca Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo25 de agosto de 2022 – 4 de setembro de 2022 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSelección feminina de hóckey sobre xeo do Canadá Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialiihf.com… Editar o valor en Wikidata

Elección da sede

editar

En decembro de 2021, a IIHF confirmou a Herning e Frederikshavn como sedes para o campionato que se está a celebrar entre os días 26 de agosto e 4 de setembro do ano seguinte.[1]

Antecedentes

editar

Dende que se disputara o primeiro campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo en 1990 na cidade canadense de Otava, Dinamarca nunca acollera a máxima competición mundial de seleccións de hóckey sobre xeo en categoría feminina.[2]

O equipo nacional dinamarqués ascendera á máxima división logo de finalizar na segunda posición o Campionato de Primeira División de 2019 celebrado en Budapest (Hungría), polo que disputaría por terceira vez o campionato logo de participar nas edicións de 1993 e 2021.[3][4] Ao non celebrarse a edición de 2020 por mor da pandemia de COVID-19[5] e cancelarse tamén o Campionato de Primeira División de 2021[6] o equipo nórdico mantívose na máxima categoría e presentou a súa candidatura como sede do evento.[4]

Normalmente nunca se xogaba o torneo da división superior cando coincidía cos anos olímpicos, mais en setembro de 2021, a IIHF anunciou durante o Congreso Xeral Semi-Anual celebrado en San Petersburgo que o torneo feminino pasaría a xogarse todos os anos, como ocorre co masculino, mudando as datas habituais de celebración en marzo e abril polo mes de agosto. Dende 1997 o torneo pasou a disputarse anualmente agás os anos nos que se disputaban os Xogos Olímpicos, cando só se disputaban as divisións inferiores mais non o campionato.[4]

A competición celebrarase nas cidade de Herning e Frederikshavn. O Kvik Hockey Arena de Herning será o escenario principal, onde se disputarán todos os partidos do grupo A, así como os cuartos de final, as semifinais e a final.[7]

  Herning   Frederikshavn
Kvik Hockey Arena Iscenter Nord
61°29′36″N 23°46′26″L / 61.49333, -23.77389 (Tampere) 60°12′20.66″N 24°55′44.03″L / 60.2057389, -24.9288972
Capacidade: 4 100 Capacidade: 4 000
   

Equipos

editar

Inicialmente a selección rusa, que en 2022 se encontraba no quinto posto da clasificación da IIHF,[8] ía participar no evento baixo as siglas ROC (Comité Olímpico Ruso nas súas siglas en inglés), a bandeira do Comité Olímpico Ruso, e empregar como himno o Concerto para piano núm. 1 de Petr Ilich Chaikovskii, debido ás sancións por dopaxe impostas polo Corte de Arbitraxe para o Deporte en decembro de 2020 e que prohibiron ás atletas rusas competir baixo a bandeira rusa ou empregar o seu himno nacional ata o 16 de decembro de 2022.[9][10] Con todo, o 1 de marzo de 2022 equipo ruso foi expulsado da competición a causa da invasión rusa de Ucraína en febreiro dese mesmo ano.[11] Finalmente o combinado sueco foi elixido como substituto de Rusia pola súa posición na clasificación da IIIHF.[12]

Grupo A
Grupo B

Xuízas

editar

O 24 de agosto de 2022 anunciouse a lista de 11 árbitras e 10 xuízas de liña para o campionato:[13]

Árbitras Xuízas de liña

Competición

editar

Rolda preliminar

editar

Grupo A

editar
Pos Equipo X V OTW OTL D GF GC DG Pts Cualificación/descenso
1   Estados Unidos 4 4 0 0 0 30 3 +27 12 Cuartos de final
2   Canadá 4 3 0 0 1 19 7 +12 9
3   Finlandia 4 2 0 0 2 15 13 +2 6
4   Suíza 4 1 0 0 3 4 18 −14 3
5   Xapón 4 0 0 0 4 4 31 −27 0
Resultados
25 de agosto
15:00
  Xapón 0 - 10
(0–4, 0–5, 0–1)
  Estados Unidos KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 438

25 de agosto
19:00
  Finlandia 1 - 4
(1–2, 0–1, 0–1)
  Canadá KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 501

26 de agosto
18:30
  Suíza 3 - 1
(0–0, 2–0, 1–1)
  Xapón KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 389

27 de agosto
15:00
  Estados Unidos 6 - 1
(1–0, 2–0, 3–1)
  Finlandia KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 526

27 de agosto
19:00
  Canadá 4 - 1
(1–0, 2–0, 1–1)
  Suíza KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 530

28 de agosto
15:00
  Xapón 0 - 9
(0–3, 0–4, 0–2)
  Canadá KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 302

29 de agosto
15:00
  Finlandia 9 - 3
(2–1, 4–1, 3–1)
  Xapón KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 531

29 de agosto
19:00
  Estados Unidos 9 - 0
(4–0, 1–0, 4–0)
  Suíza KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 791

30 de agosto
16:00
  Suíza 0 - 4
(0–2, 0–2, 0–0)
  Finlandia KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 1 201

30 de agosto
20:00
  Canadá 2 - 5
(2–0, 0–2, 0–3)
  Estados Unidos KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 1 216

Grupo B

editar
Pos Equipo X V OTW OTL D GF GC DG Pts Cualificación/descenso
1   República Checa 4 4 0 0 0 21 2 +19 12 Cuartos de final
2   Suecia 4 1 2 0 1 12 10 +2 7
3   Hungría 4 1 0 1 2 7 13 −6 4
4   Alemaña 4 1 0 1 2 8 16 −8 4 Non clasificado
5   Dinamarca 4 1 0 0 3 6 13 −7 3 Descenso
Resultados
25 de agosto
15:30
  Alemaña 2 - 4
(2–1, 0–2, 0–1)
  Hungría Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 526

25 de agosto
19:30
  Dinamarca 2 - 5
(1–1, 0–2, 1–2)
  Suecia Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 1 496

26 de agosto
19:00
  Hungría 1 - 7
(0–2, 1–2, 0–3)
  República Checa Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 250

27 de agosto
15:30
  Suecia 4 - 3 (GWS)
(0–0, 2–0, 1–3)
(OT: 0–0)
(SO: 1–0)
  Alemaña Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 395

27 de agosto
19:30
  República Checa 5 - 1
(1–1, 1–0, 3–0)
  Dinamarca Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 766

28 de agosto
17:00
  Dinamarca 1 - 0
(0–0, 0–0, 1–0)
  Hungría Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 719

29 de agosto
15:30
  Alemaña 0 - 6
(0–2, 0–3, 0–1)
  República Checa Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 332

29 de agosto
19:30
  Hungría 2 - 3 (GWS)
(1–1, 0–1, 1–0)
(OT: 0–0)
(SO: 0–1)
  Suecia Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 345

30 de agosto
15:30
  Suecia 0 - 3
(0–0, 0–1, 0–2)
  República Checa Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 337

30 de agosto
19:30
  Dinamarca 2 - 3
(1–1, 1–0, 0–2)
  Alemaña Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 1 150

Fase final

editar
 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
1 de setembro
 
 
  Estados Unidos 12
 
3 de setembro
 
  Hungría 1
 
  Estados Unidos 10
 
1 de setembro
 
  República Checa 1
 
  Finlandia 1
 
4 de setembro
 
  República Checa  2
 
  Estados Unidos 1
 
1 de setembro
 
  Canadá 2
 
  Suíza 2
 
3 de setembro
 
  Xapón 1
 
  Suíza 1
 
1 de setembro
 
  Canadá 8 Terceiro posto
 
  Canadá 3
 
4 de setembro
 
  Suecia 0
 
  República Checa 4
 
 
  Suíza 2
 

Cuartos de final

editar
1 de setembro
12:15
  Suíza 2 - 1 (GWS)
(0–0, 0–1, 1–0)
(OT: 0–0)
(SO: 1–0)
  Xapón KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 891

1 de setembro
16:15
  Estados Unidos 12 - 1
(1–0, 9–0, 2–1)
  Hungría KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 923

1 de setembro
17:30
  Finlandia 1 - 2 (OT)
(0–0, 0–1, 1–0)
(OT: 0–1)
  República Checa Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 326

1 de setembro
20:15
  Canadá 3 - 0
(1–0, 1–0, 1–0)
  Suecia KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 927

Semifinais 5º a 8º

editar
3 de setembro
12:00
  Finlandia 3 - 2 (OT)
(1–0, 1–2, 0–0)
(OT: 1–0)
  Hungría Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 344

3 de setembro
16:00
  Xapón 5 - 4
(0–3, 3–0, 2–1)
  Suecia Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 378

Semifinais

editar
3 de setembro
14:00
  Estados Unidos 10 - 1
(6–0, 2–1, 2–0)
  República Checa KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 851

3 de setembro
18:00
  Canadá 8 - 1
(2–0, 2–1, 4–0)
  Suíza KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 864

Partido polo 5º posto

editar
4 de setembro
11:00
  Finlandia 0 - 1
(0–0, 0–0, 0–0)
(OT: 0–0)
(SO: 1–2)
  Xapón Scanel Hockey Arena, Frederikshavn
Asistencia: 303

Partido polo bronce

editar
4 de setembro
15:00
  Suíza 2 - 4
(1–2, 0–2, 1–0)
  República Checa KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 1 294
4 de setembro
19:30
  Estados Unidos 1 - 2
(0–0, 1–2, 0–0)
  Canadá KVIK Hockey Arena, Herning
Asistencia: 1 738

Clasificación final

editar
Pos. Equipo X W OTW OTL D GF GC DG Pts. Resultado final
1   Canadá 7 6 0 0 1 32 9 +23 18 Campión
2   Estados Unidos 7 6 0 0 1 53 7 +46 18 Segundo
3   República Checa 7 5 1 0 1 28 15 +13 17 Terceiro
4   Suíza 7 1 1 0 5 9 31 −22 5 Cuarto
5   Xapón 7 1 1 1 4 11 37 −26 6 Partido polo 5º posto
6   Finlandia 7 2 1 2 2 19 18 +1 10
7   Suecia 6 1 2 0 3 16 18 −2 7
8   Hungría 6 1 0 2 3 10 28 −18 5
9   Alemaña 4 1 0 1 2 8 16 −8 4 Eliminado na rolda preliminar
10   Dinamarca 4 1 0 0 3 6 13 −7 3 Descendidos á Division I
11 ROC 0 0 0 0 0 0 0 0 0 Expulsado, non puido participar na competición

Premios

editar

Premios individuais

editar
 
A estadounidense Nicole Hensley foi nomeada mellor porteira do campionato.

O 4 de setembro anunciáronse as xogadoras recoñecidas como mellor porteira, defensora e atacante. A atacante estadounidense Taylor Heise recibiu o galardón á mellor atacante e foi a xogadora máis valiosa do torneo, ademais de ser elixido como o porteiro do equipo das estrelas do torneo.[14]

  Estados Unidos   República Checa   Estados Unidos
Nicole Hensley Daniela Pejšová Taylor Heise
Mellor porteira Mellor defensora Mellor atacante

Media All-Star Team

editar

Os medios de comunicación seleccionaron as seis mellores xogadoras do torneo para o equipo das estrelas, que estivo integrado por tres xogadores checas, unha canadense, un checo e tres estadounidenses.[14]

Posición Xogador
Porteira   Klára Peslarová
Defensora   Daniela Pejšová
Defensora   Caroline Harvey
Atacante   Taylor Heise
Atacante   Sarah Fillier
Atacante   Amanda Kessel


  1. "IIHF Council meets in Zurich" (en inglés). IIHF.com. 7 de decembro de 2021. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  2. "Championnats du monde féminins 1990" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  3. "Hungarian women earn historic promotion" (en inglés). IIHF.com. 14 de abril de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Women's Worlds in Olympic years" (en inglés). IIHF.com. 22 de setembro de 2021. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  5. "Women’s Worlds cancelled" (en inglés). IIHF.com. 7 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  6. "IIHF Council announces more cancellations" (en inglés). IIHF.com. 18 de novembro de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  7. "2022 IIHF Ice Hockey Women's World Championship" (en inglés). visitherning.com. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  8. "WORLD RANKING" (en inglés). IIHF.com. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  9. Wamsley, Laurel; Kennedy, Merrit (17 de decembro de 2020). "Russia Gets Its Doping Ban Reduced But Will Miss Next 2 Olympics". NPR (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2020. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  10. "IIHF chief Fasel confirms Tchaikovsky music as Russia's anthem at 2021 World Championship". TASS (en inglés). 29 de abril de 2021. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  11. "IIHF Council takes definitive action over Russia, Belarus" (en inglés). IIHF.com. 1 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  12. "Tournament updates" (en inglés). 18 de marzo de 2022. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  13. "COMPETITION OFFICIALS" (PDF) (en inglés). IIHF. 24 de agosto. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  14. 14,0 14,1 "Heise named MVP" (en inglés). IIHF. 4 de setembro de 2022. Consultado o 5 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar