Campionato de Galicia de fútbol 1927/28

14ª edición do Campionato de Galicia de fútbol


O Campionato de Galicia da Serie A 1927/28 foi a décimo cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1927 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.[1] Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden FC Foot-ball Club e o Unión Sporting Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña e subcampión o Celta de Vigo.[2][3]

Modelo:Competición deportivaCampionato de Galicia de fútbol 1927/28
TipoCampionato de Galicia de fútbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes6 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1927-1928 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo2 de outubro de 1927 – 25 de decembro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Número de edición14 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDeportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata

Calendario

editar

Primeira volta

editar
Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 2 de outubro Coia Celta de Vigo Unión Sporting 1–5 Informe
1 2 de outubro O Progreso Eiriña Racing de Ferrol 1–1 Informe
1 2 de outubro Riazor Emden FC Deportivo da Coruña 0–1 Informe
2 9 de outubro Barreiro Unión Sporting Deportivo da Coruña 1–2 Informe
2 9 de outubro O Progreso Eiriña Celta de Vigo 0–5 Informe
2 9 de outubro Riazor Emden FC Racing de Ferrol 0–5 Informe
3 16 de outubro Coia Celta de Vigo Emden FC 2–1 Informe
3 16 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 1–1 Informe
3 16 de outubro O Progreso Eiriña Unión Sporting 3–2 Informe
4 23 de outubro Barreiro Unión Sporting Emden FC 2–3 Informe
4 23 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Eiriña 3–1 Informe
4 23 de outubro O Inferniño Racing de Ferrol Celta de Vigo 0–2 Informe
5 30 de outubro Coia Celta de Vigo Deportivo da Coruña 2–1 Informe
5 30 de outubro O Inferniño Racing de Ferrol Unión Sporting 7–1 Informe
5 30 de outubro Riazor Emden FC Eiriña 1–2 Informe

Segunda volta

editar
Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
6 25 de decembro(1) Barreiro Unión Sporting Celta de Vigo 1–4 Informe
6 6 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Emden FC 3–1 Informe
6 6 de novembro O Inferniño Racing de Ferrol Eiriña 5–1 Informe
7 13 de novembro Coia Celta de Vigo Eiriña 4–1 Informe
7 13 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Unión Sporting 5–0 Informe
7 13 de novembro O Inferniño Racing de Ferrol Emden FC 6–3 Informe
8 20 de novembro O Inferniño Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 1–2 Informe
8 20 de novembro Barreiro Unión Sporting Eiriña 3–0 Informe
8 20 de novembro Monelos Emden FC Celta de Vigo 3–3 Informe
9 27 de novembro Coia Celta de Vigo Racing de Ferrol 7–1 Informe
9 27 de novembro O Progreso Eiriña Deportivo da Coruña 1–1 Informe
9 27 de novembro Monelos Emden FC Unión Sporting 0–0 Informe
10 4 de decembro Barreiro Unión Sporting Racing de Ferrol 1–4 Informe
10 4 de decembro O Progreso Eiriña Emden FC 6–0 Informe
10 4 de decembro Riazor Deportivo da Coruña Celta de Vigo 2–1 Informe
(1) O partido non se puido xogar o 6 de novembro por sufrir unha indisposición o árbitro designado,[4] sendo adiado para o 25 de decembro.[5]

Clasificación

editar
Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Deportivo da Coruña 10 7 2 1 21 9 +12 16 Clasificación para a Copa de España 1928
2. Celta de Vigo 10 7 1 2 31 15 +16 15
3. Racing de Ferrol 10 5 2 3 31 19 +12 12
4. Eiriña 10 3 2 5 16 25 −9 8
5. Unión Sporting 10 2 1 7 16 29 −13 5
6. Emden FC 10 1 2 7 12 30 −18 4

Controversias

editar

Aliñacións irregulares no Celta−Unión

editar

No primeiro encontro do campionato xogado en Coia entre o Celta de Vigo e o Unión Sporting, no que gañaron os unionistas por 1-5, producíronse dúas aliñacións irregulares. Dunha parte, o futbolista José Villaverde, do Unión Sporting, non contaba coa ficha que o acreditaba como xogador profesional.[6] Doutra parte, Manuel Díaz, do Celta, contaba cunha ficha de xogador afeccionado, cando estaba obrigado a tela de profesional debido a que xa xogara a tempada anterior en condición de profesional no Deportivo Español de Vigo, club do que procedía.[6] Despois dunha protesta do Celta, reuniuse o Comité da Federación Galega de Fútbol e determinou cos votos a favor do Celta, do Eiriña e mais do Racing de Ferrol que os puntos en disputa fosen outorgados ó Celta.[6] Porén, a principios de decembro chegou á Real Federación Española de Fútbol un escrito co voto particular do presidente da FGF no que se solicitaba que os puntos non fosen outorgados a ningún dos dous equipos, posto que ámbolos clubs incorreran na mesma falta.[6] A RFEF decidiu que se considerase válido o resultado que se acadara inicialmente no terreo de xogo e castigou o Unión Sporting con 500 pesetas de multa por se prestar a unha combinación en prexuízo da deportividade.[2][3] A resolución, que se fixo pública en xaneiro de 1928, alterou a clasificación final do campionato, proclamándose campión o Deportivo en troques do Celta, que foi subcampión,[2][3] e afectando tamén á zona baixa, onde pasou o Unión Sporting á penúltima posición e rematou de pechacancelas o Emden FC.[3]

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1928linguasport.com Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 2,2 "De Sport. Los puntos del partido Celta-Unión". Progreso: diario independiente nº 9.932 (en castelán). 17 de xaneiro de 1928. p. 2. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Deportes. Los famosos puntos. La nacional falla en contra del Celta". El Orzán nº 2.986 (en castelán). 15 de xaneiro de 1928. p. 2. 
  4. "En Vigo. Se suspende el encuentro Celta-Unión, por enfermedad del árbitro". El Orzán nº 2.927 (en castelán). 8 de novembro de 1927. p. 2. 
  5. "Deportes. Un partido en Barreiro entre el Celta y el Unión Sporting". El Pueblo Gallego nº 1.213 (en castelán). 25 de decembro de 1927. p. 7. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "La vida deportiva. Un nuevo 'caso' en Galicia". La Libertad nº 2.402 (en castelán). 2 de decembro de 1927. p. 5.