Abrir o menú principal

Campionato de Galicia de fútbol 1928/29

O Campionato de Galicia da Serie A 1928/29 foi a décimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1928 e rematou en agosto de 1929. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España[1].

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden Foot-ball Club e o Unión Sporting Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas, aínda que o calendario fixado intercalou os encontros de ámbalas dúas. Proclamouse campión o Racing de Ferrol e subcampión o Celta de Vigo[2].

Índice

CalendarioEditar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 7 de outubro Coia Celta de Vigo Racing de Ferrol 3–3 Informe
1 7 de outubro O Progreso Eiriña Unión Sporting 3–1 Informe
1 7 de outubro Monelos Emden Deportivo da Coruña 1–5 Informe
2 14 de outubro Barreiro Unión Sporting Deportivo da Coruña 1–7 Informe
2 14 de outubro Monelos Emden Celta de Vigo 0–7 Informe
2 22 de novembro O Inferniño Racing de Ferrol Eiriña 7–0 Informe
3 21 de outubro O Inferniño Racing de Ferrol Celta de Vigo 1–1 Informe
3 21 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Emden 3–0 Informe
3 21 de outubro Barreiro Unión Sporting Eiriña 1–4 Informe
4 28 de outubro Barreiro Unión Sporting Emden 2–1 Informe
4 28 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 1–1 Informe
4 1 de novembro Coia Celta de Vigo Eiriña 3–0 Informe
5 4 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Eiriña 5–0 Informe
5 4 de novembro O Inferniño Racing de Ferrol Emden 2–0 Informe
5 4 de novembro Barreiro Unión Sporting Celta de Vigo 0–3 Informe
6 11 de novembro Coia Celta de Vigo Unión Sporting 7–0 Informe
6 11 de novembro Monelos Emden Racing de Ferrol 1–2 Informe
6 11 de novembro O Progreso Eiriña Deportivo da Coruña 1–2 Informe
7 18 de novembro Coia Celta de Vigo Emden 8–0 Informe
7 18 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Unión Sporting 10–0  Informe
7 18 de novembro O Progreso Eiriña Racing de Ferrol 0–3 Informe
8 25 de novembro Riazor Deportivo da Coruña Celta de Vigo 1–0 Informe
8 25 de novembro Barreiro Unión Sporting Racing de Ferrol 1–4 Informe
8 25 de novembro O Progreso Eiriña Emden 2–0 Informe
9 2 de decembro Coia Celta de Vigo Deportivo da Coruña 13–0  Informe
9 2 de decembro O Inferniño Racing de Ferrol Unión Sporting 6–1 Informe
9 2 de decembro Monelos Emden Eiriña 1–3 Informe
10 4 de decembro O Inferniño Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 1–0 Informe
10 8 de decembro O Progreso Eiriña Celta de Vigo 1–7 Informe
10 25 de agosto Riazor Emden Unión Sporting (1) Informe
(1) Logo de varios adiamentos, o partido foi fixado finalmente para o 25 de agosto de 1929, mais non se chegou a xogar por non comparecer o Emden, sendo outorgados os puntos en disputa ó Unión Sporting.[3][4][5]

ClasificaciónEditar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Racing de Ferrol 10 7 3 0 30 8 +22 17 Clasificación para a Copa de España 1929
2. Celta de Vigo 10 7 2 1 52 6 +46 16
3. Deportivo da Coruña 10 7 1 2 34 18 +16 15
4. Eiriña 10 4 0 6 14 23 −9 8
5. Unión Sporting 10 2 0 8 7 45 −38 4
6. Emden 10 0 0 10 4 34 −30 0

ControversiasEditar

Celta−Deportivo (13−0)Editar

Na antepenúltima xornada do campionato xogaron o Deportivo da Coruña e mailo Celta de Vigo un derbi en Riazor, gañando os locais por 1−0. Despois deste partido os coruñeses visitaron Vigo para xogar fronte ó Celta. O devandito partido foi disputado o 2 de decembro en Coia nun clima de forte tensión dentro e fóra do campo. O equipo herculino foi recibido cun ambiente hostil e o encontro desenvolveuse cun xogo violento, resultando mancados varios xogadores do Deportivo durante o primeiro tempo, que rematou cun marcador de 3−0 a favor do Celta. O segundo tempo comezou con só oito xogadores branquiazuis no terreo de xogo, ficando no vestiario Otero, Lameiro e mailo porteiro Isidro (que foi substituído na porta polo dianteiro Besada). Durante o decorrer do partido, o número de xogadores deportivistas no campo chegou a descender a cinco. O árbitro andaluz Eduardo Rodríguez non suspendeu o encontro e os goles do Celta foron caendo con extrema facilidade, rematando cun resultado de 13−0 a favor do cadro local[6][7].

Tralo partido, manifestáronse visións antagónicas na prensa de ámbalas dúas cidades galegas. A prensa olívica escusou a actitude do público local alegando que no partido xogado a semana anterior na Coruña foran asubiados os xogadores celtiñas e cualificou de “farsa” a retirada dos xogadores branquiazuis durante o encontro[6]. A prensa herculina arremeteu contra a viguesa acusándoa de quenta-los ánimos dos seareiros celtistas antes do encontro[7] e defendeu o comportamento dos seareiros deportivistas no enfrontamento da semana anterior, citando as declaracións do seleccionador español José María Mateos[8], que estivera presente en Riazor e eloxiara o público deportivista[9]. Outros xornais de cidades como Pontevedra e Santiago de Compostela tamén criticaron o comportamento amosado polos celestes[8][10].

Suspensión do Eiriña−CeltaEditar

O 4 de decembro disputouse en Pontevedra o partido da última xornada do campionato entre o Eiriña e o Celta de Vigo. Actou como árbitro Handicap, cuxas decisións suscitaron o enfado do público e acabaron por provoca-la invasión do campo por parte dos seareiros eiriñistas, que consideraban parcial a súa arbitraxe (anulou un gol e non asubiou un penalti a favor dos locais). Para evitar altercados, o delegado do gobernador civil de Pontevedra saltou ó campo, suspendeu o partido (aínda faltaban 25 minutos para o final)[11] e ordenou o arresto de Handicap, que máis tarde sería posto en liberdade por orde do propio gobernador[12]. O Eiriña formalizou unha queixa ante a Federación Galega de Fútbol, a cal acordou repeti-lo partido o 8 de decembro baixo a dirección dun árbitro cántabro e decidiu inhabilitar a Handicap[13].

NotasEditar

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1928-29 linguasport.com
  2. "El campeonato gallego, aclarado". El Pueblo Gallego nº 1.495 (en castelán). 5 de decembro de 1928. p. 8. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015. 
  3. "De Fútbol. El Emden, colista". El Progreso nº 6.856 (en castelán). 4 de setembro de 1929. p. 1. 
  4. "Por los periódicos. Donde alguno se empeña en ver un 'affaire'". El Pueblo Gallego nº 1.696 (en castelán). 4 de setembro de 1929. p. 10. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015. 
  5. "La asamblea de clubs de fútbol". El Pueblo Gallego nº 1.707 (en castelán). 17 de setembro de 1929. p. 14. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015. 
  6. 6,0 6,1 "Deportes". El Pueblo Gallego nº 1.494 (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 5. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015. 
  7. 7,0 7,1 "El 'match' de boxeo celebrado anteayer en Vigo. El Celta 'aplasta' al Deportivo". El Orzán nº 3.263 (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 4. 
  8. 8,0 8,1 "Deportes". El Orzán nº 3.265 (en castelán). 6 de decembro de 1928. p. 2. 
  9. "Hablando con el seleccionador nacional". El Orzán nº 3.257 (en castelán). 27 de novembro de 1928. p. 4. 
  10. "La furia céltica y la derrota viguesa del domingo". Progreso: diario independiente nº 10.649 (en castelán). 4 de decembro de 1928. p. 1. 
  11. "Notas de Sport". El Diario de Pontevedra nº 13.197 (en castelán). 5 de decembro de 1928. p. 2. 
  12. "En Pontevedra. Un partido accidentadísimo". El Pueblo Gallego nº 1.495 (en castelán). 5 de decembro de 1928. p. 8. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015. 
  13. "De Sport". Progreso: diario independiente nº 10.653 (en castelán). 8 de decembro de 1928. p. 3.