Campionato de Galicia de fútbol 1917/18

O Campionato de Galicia 1917/18 foi a cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en febreiro de 1918 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]

Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Pontevedra Sporting Club e o Deportivo Auténtico.[2][3] O torneo disputouse en dúas fases. A primeira delas foi unha fase de grupos na que competiron os equipos do norte (Coruña e Deportivo Auténtico) nun grupo e os equipos do sur (Vigo, Fortuna e Pontevedra Sporting) noutro. O gañador de cada grupo clasificouse para a final. En tódolos casos empregouse o sistema de liga a dúas voltas.[2][3] Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.[4][5] Porén, este campionato foi anulado nunha asemblea da FGF o 15 de novembro de 1919.[6][7][8]

Fase de grupos editar

Grupo norte editar

Calendario editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 3 de marzo Riazor Deportivo Auténtico R.C. Coruña 2–2 Informe
2 17 de marzo Monelos R.C. Coruña Deportivo Auténtico 0–2 Informe

Clasificación editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Deportivo Auténtico 2 1 1 0 4 2 +2 3 Clasificación para a final
2. R.C. Coruña 2 0 1 1 2 4 −2 1

Grupo sur editar

Calendario editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 17 de febreiro Campolongo Pontevedra Sporting Vigo Sporting 1–3 Informe
2 24 de febreiro Bouzas Fortuna de Vigo Pontevedra Sporting 3–0 Informe
3 3 de marzo Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 1–1 Informe
4 10 de marzo Campolongo Pontevedra Sporting Fortuna de Vigo 0–3 Informe
5 17 de marzo Coia Vigo Sporting Pontevedra Sporting (1) Informe
6 19 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 5–0 Informe
(1) O Pontevedra Sporting asinou a acta do encontro concedendo a vitoria ó Vigo Sporting.[9][10][11]

Clasificación editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Fortuna de Vigo 4 3 1 0 12 1 +11 7 Clasificación para a final
2. Vigo Sporting 4 2 1 1 4 7 −3 5
3. Pontevedra Sporting 4 0 0 4 1 9 −8 0

Final editar

Deportivo Auténtico 2 - 2 Fortuna de Vigo 24 de marzo de 1918Riazor, A Coruña
Informe
 
Fortuna de Vigo 3 - 0 Deportivo Auténtico 31 de marzo de 1918 – Bouzas, Vigo
Informe
 

Controversias editar

Acta do Vigo Sporting–Pontevedra Sporting editar

O domingo 17 de marzo debían xoga-lo Vigo Sporting e o Pontevedra Sporting en Coia.[12] Durante a noite do sábado e mañá do domingo chovera moito e o club pontevedrés decidiu enviar dous integrantes a Vigo para solicita-lo adiamento do partido. A mesma mañá do partido produciuse unha reunión na que participaron os representantes do Pontevedra, do Vigo, do Fortuna, un representante da Federación Galega de Fútbol e mailo árbitro asignado para o encontro Luis Miranda. O árbitro e os clubs vigueses consideraron que o estado do campo era apto para xogar. Entón sopesouse enviar un telegrama a Pontevedra para que saísen os xogadores con destino a Vigo, puntualizando Miranda que en caso de que os futbolistas lerenses non chegasen a tempo, o club pontevedrés tería que pagar 300 pesetas de indemnización. O Vigo Sporting engadiu que a suspensión do partido podería producir liortas e que a mellor solución era asina-la acta do partido concedendo a vitoria ós viguistas. Os representantes do Pontevedra Sporting accederon. Así e todo, os futbolistas pontevedreses, que non daban recibido noticias de Vigo, decidiron desprazarse ata a cidade olívica e presentarse no encontro, chegando ó campo de Coia con puntualidade, pero o Vigo Sporting negouse a xogar alegando que xa fora asinada a acta do partido onde a vitoria era outorgada ó club vigués.[9][10][11]

Notas editar

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1918 linguasport.com
  2. 2,0 2,1 "Foot-ball. El campeonato gallego". El Orzán nº 15 (en castelán). 15 de febreiro de 1918. p. 1. 
  3. 3,0 3,1 "El campeonato gallego". Madrid-Sport nº 73 (en castelán). 21 de febreiro de 1918. p. 12. 
  4. "Los Deportes. Balompié". La Acción nº 763 (en castelán). 1 de abril de 1918. p. 4. 
  5. "Galicia y Asturias. Partido de balompié". El Sol nº 120 (en castelán). 1 de abril de 1918. p. 4. 
  6. "Al margen de una Asamblea federativa". El Ideal Gallego nº 860 (en castelán). 27 de novembro de 1919. p. 6. 
  7. "De Sport. La Asamblea federativa". Progreso: diario independiente nº 2.383 (en castelán). 20 de novembro de 1919. p. 2. 
  8. "En La Coruña". Madrid-Sport nº 164 (en castelán). 20 de novembro de 1919. p. 10. 
  9. 9,0 9,1 "De Sport. El Campeonato. Lo ocurrido en Vigo el domingo". Progreso: diario independiente nº 2.606 (en castelán). 19 de marzo de 1918. p. 2. 
  10. 10,0 10,1 "De Sport. El Campeonato. Lo ocurrido en Vigo el domingo". Progreso: diario independiente nº 2.606 (en castelán). 19 de marzo de 1918. p. 3. 
  11. 11,0 11,1 "De Sport. El Campeonato Regional. Lo sucedido con el partido de ayer". Diario de Pontevedra nº 10.184 (en castelán). 18 de marzo de 1918. p. 2. 
  12. "De Sport". Diario de Pontevedra nº 10.183 (en castelán). 16 de marzo de 1918. p. 2.