Calvin Murphy
Calvin Jerome Murphy, nado o 9 de maio de 1948 en Norwalk, Connecticut, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante os seus trece anos de carreira nos San Diego / Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Actualmente traballa no equipo de televisivo de Root Sports dos Rockets. Cunha altura de 1,75 m, Murphy é o xogador máis baixo en formar parte do Basketball Hall of Fame e en participar nun All-Star.
(2008) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1948 (76 anos) Norwalk, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Norwalk (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Niagara University (en) Norwalk High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1970 - 1983 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Houston Rockets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarUniversidade
editarNado en Norwalk, Connecticut, Calvin Murphy estudou na Universidade de Niágara durante tres anos, sendo elixido no primeiro equipo All-America en dúas ocasións e unha no segundo. Anotou 2.548 puntos nos 77 partidos que disputou (33,3 puntos por partido),[1] unha das mellores marcas da historia da NCAA. Curiosamente a súa mellor tempada foi a de novato, na cal fixo unha media de 38,2 puntos por encontro.
Profesional
editarA pesar desas cifras na súa etapa universitaria, e quizais por militar nunha universidade de segunda fila, non foi elixido no Draft da NBA de 1970 até a primeira posición da segunda rolda (posto 18 total), polos San Diego Rockets, equipo que ao ano seguinte se mudaría á cidade texana de Houston. Na súa primeira tempada, tras facer 15,8 puntos e 4 asistencias por partido, foi incluído no mellor quinteto de rookies. Durante as súas trece temporadas como profesional foi acumulando récords do seu momento, como o de mellor porcentaxe de tiros libres da historia da liga cando conseguiu un 95,8% (206 de 215 tiros libres). Tamén foi o máximo anotador histórico dos Rockets, até a chegada de Hakeem Olajuwon. Conseguiu chegar ás Finais da NBA en 1981, perdendo ante os Boston Celtics en 6 partidos. No total da súa traxectoria profesional, fixo unha media de 17,9 puntos e 4,4 asistencias por partido, cun 89,2% en tiros libres. En 1993 foi incluído no Basketball Hall of Fame.
Notas
editar- ↑ "Calvin Murphy Bio". NBA.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía en NBA.com
- Estatísticas en Basketball Reference Arquivado 21 de xuño de 2007 en Wayback Machine.